Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Brinquedos

lunes, 18 de enero de 2016
Non é, o substantivo que insiro no titular, unha palabra que sexa de uso común por parte de calquera galego falante, por máis que o seu verbo de raíz -brincar- e tódalas súas variantes si que é as utilicemos todos con frecuencia.

Realmente, por non aparecer, nin sequera aparece no diccionario da Real Academia Galega, mentres que no máis popular de todos, o "Xerais", contempla o termo fóra do denominado galego estándar, é dicir, coma se fose "un dialectalismo, un popularismo o unha creación recente e expresiva ou forma de uso moi específico".

Sen embargo, por máis que nunca lla escoitara pronunciar a ninguén, estou ben seguro de que sabe perfectamente, benquerido lector, a qué me estou referindo. Si, concretamente ós xoguetes. Mellor dito, ós vellos xoguetes que, dependendo da idade que teña, forman parte da súa memoria máis emotiva e cando os ve nun escaparate ou en calquera outro lugar, espertan a conciencia infantil e sacan do seu interior o mellor daquel neno que, como dicía Celso Emilio, todos fomos hai tantos anos.

E é que "brinquedo" é o nome que os nosos irmaus portugueses utilizan para identificar a todos eses trebellos que arestora ha ter vostede retidos no andel dos seus recordos máis entrañables e devecidos.

Pois ben, se algún día se achega pola fermosa localidade de Ponte de Lima -a vila máis antiga de Portugal-, que nos queda aí pretiño, a pouco máis de media hora do encoro do Lindoso, recoméndolle encarecidamente que dea un paseo a pé pola longa ponte que cruza o vello Lethes e se deixe perder media tarde no Museu do Brinquedo Portugués, que por obra e gracia da Cámara Municipal pontelimense esta aberto ó público dende hai uns cantos anos xa.

Eu, que -coma tantos ourensáns- teño estado infinidade de veces naquela localidade, nunca se me dera por facer ese exercicio de pasar a outra beira, pero hai uns días que andei por alí de vagar crucei, entrei e non me arrepentín, non, do que vin alí dentro, xa que logo, alí está concentrada a memoria infantil de Portugal. Unha xoia, sen dúbida, que ten paralelo -a pequena escala- na nosa veciña de Allariz, vila coa que Ponte de Lima comparte, ademais, o Festival Internacional e unha sorte de Festa do Boi ligada tamén á celebración do corpus.

Como lle acabo de recomendar, seguro que ó pasear polas súas salas vivirá sensacións que tardará en olvidar, sobre todo, se decide achegarse á sala na que está unha espectacular maqueta de tren con aspecto de cidade centro europea e que me fixo pensar no moito que daría de seu a máis espectacular aínda colección de maquetas coas que conta o Museo do Centro Cultural se ese almacenamento vertical ó que están "condenadas" fose transformado nun ben deseñado mosaico horizontal.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES