Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Merecen iso e moito máis

lunes, 11 de enero de 2016
Pasou a semana dos Reis. Dos agasallos. Circula polas redes sociais un vídeo que encabezan coa frase: “E ti chorando, porque non che mercaron o IPhone 6s Plus” e, non obstante, as imaxes mostran a uns cativos de color (imaxino que africanos) rindo a gargalladas polo mero feito de romper os envoltorios dos paquetes. Imaxinade polo tanto como se senten cando ven nas caixas toda clase de xoguetes. Repito: sen aínda ver o que tiñan xa os seus dentes branquísimos brillaban nuns sorrisos eternos. Recoñezo que eu mesmo me enchín de felicidade ó ver o vídeo.

Non me importa confesar que case nunca dou esmola e que moi pouquiñas veces participo en axudas que levan a cabo toda clase de ONGs, porque eu tamén me vexo e me desexo para subsistir. Pero nunca rexeitei o bolígrafo (con el estou escribindo) que lanzan os da campaña “Un xoguete, unha ilusión” (a 5 euros) porque tal campaña é precisamente para levarlle xoguetes a eses nenos que nunca os tiveron. Levo dous anos mercando dous bolis.

A ver, para un servidor un neno xa son palabras maiores. Onde estea un neno que se quite todo o demais. A miña nai, de tanto que os quería, mordíaos nas fazulas. Eu non os mordo porque teño medo a mancalos. Pero doulles abrazos de oso e cómoos a bicos. Oxalá os Reis lles chegaran á inmensa maioría. Porque os nenos merecen iso (abrazos, bicos e agasallos) e moito máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES