Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ilusión

viernes, 08 de enero de 2016
Foi Calderón quen considerou que a vida era “un frenesí, unha ilusión…”, aínda que lle asignase esa convicción a Sexismundo, na súa prisión, aillado do mundo, laiándose do paraíso perdido. Pois nesas estivemos –frenesí ou ilusión- neste tempo de Nadal que vimos de rematar, onde todo parecía confabularse para facernos vivir nun mundo diferente, irrepetible, pero imposible de que dure máis ca un encantamento efímero que rematou o pasado mércores. E xa non hai queixa.

En tempos, o Nadal foi só unha ilusión; que era abondo para alumear existencias. Pero logo chegou o frenesí, impulsado polas grandes superficies comerciais, aceptado con avidez polos aprendices de consumidores que eramos, e confundimos todo, apliucando o frenesí da ilusión e a ilusión do frenesí para conseguir un todo que nos envolve, conduce e desasosega.

E así vivimos durante un tempo, e -agora coas rebaixas- así aínda estamos, porque a prolongación desta efervescencia comercial e consumista impediu que a anual Visita Real nos devolvese ao mundo –chamémoslle real- controlado, habitual, que –dentro do que cabe- imos controlando relativamente.

Xa non se fala da “Costa de Xaneiro” que antes tanto nos preocupaba. Xa non se fala porque, acostumados ás dificultades, cada mes ten a súa "costa", e xa nos convertimos en auténticos escaladores afeitos a todo o que a economía nos marque. Tempos aqueles nos que coidabamos que a economía era tan só unha ciencia para entender o que colectivamente estábamos a facer, e a Lei da Oferta e a Demanda era norma de obrigado cumprimento.

Xa sabemos que agora as leis comunitarias obrigan máis ca as nosas, que o supremo ben europeo pode con calquera apetencia nacional, pero se xa considera que se pode -e se debe- cambiar a Constitución, tamén algunha cousa destas pode cambiar. A ver se este ano é posible cambiar algo. Polo menos, quedémonos coa ilusión, agora que o frenesí xa rematou. Ou está rematando.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES