Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cacharro, criador de paxaros

martes, 19 de septiembre de 2006
Miña nai contábame a historia dun paxaro que criou sendo nena na súa casa do Freixo, á sombra do Monte Caxado. Era un merlo, pero podía ter sido un corvo.

Atopou o merlo nun niño caído, cheo de frío, mollado, sen forza para voar. E levouno para a casa.

E todos a coidar nel: Miña nai, meus tíos, meu avó… Miña avóa, non. Ela non se fiaba do merlo, e deixaba moi claro o seu parecer sobre aquel becho na casa.

O merlo medrou… Engordou e cambiou de voz. Graznaba cun aquel de fachenda, de seguridade, de provocación. Seguía pousándose nos ombreiros da que moito despois sería miña nai, e meus tíos comenzaron a estar fartos do paxaro.

E chegoulle ó corvo-merlo a hora de emigrar. Unha mañán, co sol moi alto, cando o animal rematou de comer da man da súa dona, vendo o resplandor exterior, deu o derradeiro graznido, e deixando na man aínda tendida unha fenomenal cagada voou á liberdade.

Todo o mundo -ata os merlos/corvos- ten dereito á liberdade. Pero non se debe cagar na man de quen te criou, te fixo maior e che deu de comer. Aínda que a man pretenda terte amarrado.

Hai días lembrei a historia que miña nai me contaba, cando se decretou a retirada política de Francisco Cacharro en votación na que participaban algúns fillos políticos del.
Posiblemente Cacharro debeu ter criado outro tipo de paxaros.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES