Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A escrita móbil de Eduard Velasco

viernes, 01 de enero de 2016
A primeira vez que oín falar de Eduard Velasco (Barcelona, 1982) foi no 2011, cando dera a coñecer a súa competente tradución de Pa negre de A escrita móbil de Eduard VelascoEmili Teixidor na división editorial da Fundación Vicente Risco. Algún tempo despois, volvín bater con este filólogo, profesor e tradutor catalán-galego ao ler a versión que da novela Els sots feréstecs de Raimon Caselles fixera para Hugin e Munin en 2013, traballo que saudei e comentei con merecido aplauso.

Ata ese momento, Velasco era para min destro tradutor que trasladaba con habelencia clásicos da terra de Llul á lingua de Rosalía. Pouco despois, souben do seu cómpito quefacer profesoral cando coincidín con el na Universidade Nova de Lisboa, onde foi lector. Pero a sorpresa máis grata deste crossover literario leveina aínda o ano pasado, cando tiven a fortuna de coñecer, e logo premiar, algúns dos seus primeiros versos que presentara ao III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro en Mondoñedo.

Precisamente do Velasco poeta quero ocuparme a propósito da publicación de Ruído de trens, o seu poemario primeiro, galardoado co XXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene e editado por Espiral Maior.

Porque hai libros nos que un se le. Recoñécese nas páxinas como quen vai seguindo as pedriñas de Polegariño, un fío de Ariadna do que a propia imaxe no espello agarda tras o cabo da corda.

Esa estraña sensación, como de recoñecemento en aliaxe coa perplexidade da distancia, foi a que aniñou en min logo da lectura de Ruído de trens, pois aínda que, como dixen, sabía da querenza poética de A escrita móbil de Eduard VelascoVelasco, non era coñecedor da amplitude de campo destes nin tampouco que formasen parte dun proxecto maior como o que despois distinguiron Gonzalo Hermo, Mariña Pérez Rei e mais Carlos Quiroga.

Ruído de trens é un sonar do corazón. Os abismos do sentimento afloran aquí á superficie do poema para romper a tona da auga co seu inquedante inquirir. Seguranza ningunha. Dúbidas, todas. A viaxe, a alteridade, o diálogo (coa) amante, a paisaxe como continuum sentimental, a folía dos corpos, os ecos e as voces que se van pero fican aboiando no ar son presenzas -ou ausencias, que de todo hai- que diagonalizan estas páxinas de escrita transida, on the road, móbil e imprevisible.

Velasco non desdí das voces amigas. Abrázaas a fainas súas, deixa que vistan o poema e o arrolen, como os gatos de certa poeta madrigalega, a febre de Xiana Arias, a bomba de pracer musical de Senior i El Cor Brutal, a danza memorial de Francisco Cortegoso, a retrinca extrema con Helena de Carlos e Lou Ridx por compaña, as velas do vento de Antonina Canyelles.

Con todos eles viaxan as verbas confusamente diáfanas deste libro prologado por Isaac Lourido, quen acerta ao afirmar que “explora a linha de fuga que bascula entre a autocrítica e a ironia, e explicita com frequência a tensom que dá sentido ao livro: entre a nostalgia do lugar (a origem, a pertença, a identidade) que nom existe e a propensom conflituosa e reconfortante ao poema do amor. Vale o mesmo dizer entre a experiência ou a vida, e a literatura”.

Ruido de trens: escrita de arrincadeira que paga, e moito, a pena ler e que é augurio, estou certo, de que outras sorpresas han de vir, para ledicia lectora dos que gusten.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES