Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A UNED Senior pola rota cantábrica

sábado, 26 de diciembre de 2015
Era o día 14 de decembro do ano 2015 cando o Alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural saía dirección a Santander e Bilbao, acompañado A UNED Senior pola rota cantábricapolo Coordinador que nos ía recordando lugares visitados con anterioridade.

Con temperatura máis que agradable fixemos a primeira parada en Puerto de Vega, onde puidemos comprobar que nos encontrábamos nun pobo exemplar.

Parece ser que cando se conceden os Premios “Principe ou Princesa de Asturias”, teñen por costume visitar un pobo exemplar; merecendo Puerto de Vega este distintivo no ano 1995.

Como aínda era cedo, reinaba a tranquiliade e puidemos percorrelo disfrutando da sua beleza con absoluta calma.

Seguimos camiño facendo a próxima parada en Luarca. Outro pobo con encanto.
As súa “casas colgantes” gabeando polo escarpado da montaña, acomodándose á orografía do terreo, como se quixeran bica-lo mar.
Os patos deleitáronnos coas súas danzas polo río que cruca a vila. Un percorrido pola mesma “con sabor a pobo” con pequenos establecementos comerciais, abundancia de cafés, un precioso porto custodiado desde o alto, polo cemiterio onde descansa Severo Ochoa; una labrega vendendo fabas, tomates, porros e algunha cousa máis; daba una imaxe un tanto bucólica da zona.

A A-8 encontrábase en moi bo estrado e a circulación era fluída, o que nos permitiu chegar enseguida á que sería a nosa residencia por tres días na capital de Cantabria.

Como a temperatura era primaveral, poidemos aproveitar para dar un paseo nocturno pola cidade, visitando a maxestuosa catedral gótica que a pesar de sufrir os efectos do incencido do Vapor Cabo Machicaco, os da Guerra Civil e o incendio de 1941, aínda conseva o seu porte e custoria os santos Emeterio e Celedonio, que son os patróns da cidade.
A casa do Concello, que noutrora fora mosteiro, encontrábase discretamente iluminada para destacar que se aproximaban as festan nadalencas.

O segundo día dirixímonos a Bilbao acompañados por unha EXCELENTE GUÍA que en todo momento foi dando sabias explicacións do percorrido: á esqueda quedaban os “fiordos cántabros” e á dereita elevados cumes picudos, querendo bica-lo ceo.

Unha visita panorámica á cidade permitiunos comprobar o auxe damesma, manifestado na súa arquitectura racionalista, nos seus parques espaciosos e moitos monumentos.
Destacan: parque de esposicións, hospital de Cruces, a torre de Iberdrola, a Universidade, o complexo Termibús onde se encontran o tren, o metro e os autobuses, o Monumento Ó Sagrado Crazón, a Casa da Misericordia, o famoso Museo de Arte Contemporánea con Pupi e Amatxu, a Universidade privada dos Xusuítas, o teatro Arriaga, a Catedral e a Basílica de Begoña, entre outros.
De obrigado cumprimento foi o paseo polas sete rúas do casco antigo, onde puidemos visita-la Catedral gótica adicada ó Apóstolo Santiago, por atoparse na Camiño Inglés e un sen fin de tendas familiares con todo tipo de detalles.
Tamén subimos á Basílica de Begoña, tan querida polos bilbaínos, Patrona do Señorío de Vizcaia na que destacaa o seu retábulo neobarroco.
Non foi menos interesante a visita á Ponte da Humanidade que une Getxo con Portugalete.

No transbordador traladámonos a Portugalete, gozando das boas vistas que desde arriba se divisaban.
Ó día seguinte tocaba Santander.
En primeiro lugar dirixímonos á Península da Magdalena.
Chamounos moito a atención o Palacio de estilo inglés, francés e montañés, Félix Rodríquez de la Fuente e o Mini. Zoo, onde pasamos un anaco, disfrutando das focas e pingüinos que fixeron divertidas exhibicións ante o noso abraio.

Continuando a rota chegamos ó Cabo de Ajo, lugar pintoresco e con moita historia que máis vale non lembrar.A UNED Senior pola rota cantábrica
É Santander unha capital con realengo dado que foi a ventá de Castela ó mar cando empezaron os “Baños de Ola” coa Realeza e a Nobreza a principios do século XX.
Estando en Santander, non pode esquecer a familia Botín e o Banco Santander con dous amplos edificios unidos por un arco para darlle uniformidade, aínda que a mellor parte está no “bunquer” das proximidades con sete plantas subterráneas.
A torre deste deste “búnquer” vímola camiño de LIÉRGANES, un precioso pobo con historia que conta:
-Cunha ponte de 1606.
-Cun balneario de augas medicinais.
-Cun manacial de auga mineral dunha coñecida marca.
-Casas de indianos, unha con “xiraldillo” incluído.
-O Pazo do que foi, no seu día, o Secretario Xeral da Santa Inquisición.
-A casa dos cañóns...

Tamén é famoso este pobo pola lenda do “home peixe”
Para culmina-la viaxe, dirixímonos á Cova do SOPLAO, descuberta a principios do século XX, por uns mineiros cando extraían dela: chumbo e zinc.

Os cientítificos confirman que se trata dun dos xacementos da idade cretácica máis importantes de Europa, de 110 millóns de anos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES