Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mando conxunto nas forzas de seguridade

lunes, 11 de septiembre de 2006
Estaba cantado desde hai moito tempo pero fora adiado por quen sabe que problemas de orde interno. Por fin o Goberno decidiu unificar os mandos operativos da Policía Nacional e a Garda Civil, co fin de que – cun mando único – se eviten problemas de descoordinación das forzas de orde público.

Se nunha gran cidade o tema é moi importante, nun país como Galicia moito máis.

A Policía Nacional en Galicia intervén somente nos grandes núcleos, mentras que a Garda Civil o fai en tódolos demáis. A Garda Civil ten un cuartel en cada pobo, controla o territorio e as persoas, coñece perfectamente todo o que pasa no recanto máis escondido. Unha acción de investigación ou de control en Galicia ou se fai conxuntamente ou non se fai.

O paso previo a esta xuntanza operativa foi a asignación da dirección das dúas agrupacións a sendas persoas civís, para ir arredando o corporativismo, pero mantendo unha individualidade que na Garda Civil se ven poñendo de manifesto nas denuncias que algúns colectivos veñen formulando pedindo a desaparición do seu carácter militar.

O sistema de dous corpos policiais veu funcionando moito tempo, pero non ten porque ser eterno, porque o país non ten nada que ver co de hai medio século e as forzas de seguridade teñen que servir ó País segundo as necesidades de cada momento.

A unificación de forzas, comezando polo mando conxunto, ten que redundar en melloras nos servicios prestados e na seguridade colectiva. Entendendo que é un paso previo para a unificación futura que garanta por igual a seguridade no rural e no urbano, cos mesmos medios, as mesmas persoas, o mesmo espírito.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES