Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un mundo armado

sábado, 19 de diciembre de 2015
Non hai crise para a industria de armamentos nin para os seus socios. O informe 2014 do Stockholm International Peace Research Institute (SIPRI) asegura que o gasto total en armamentos foi de US$ 1.776 miles de millóns, unha redución do 0,4% co respecto ao 2013, equivalente a un 2.3% do PIB global. Pola súa banda, as vendas de armamentos e servizos militares por parte das grandes multinacionais deste negocio totalizaron US$ 401 miles de millóns en 2014. EUA, China, Rusia, Arabia Saudita e Francia lideran as estatísticas dos países con maior gasto militar, toda vez en 2014, un total de 20 países, principalmente de África, Oriente Próximo e Europa do Leste, concentraron mais do 4% do seu PIB en gasto militar, superando aos 15 países que ofreceron ese mesmo índice en 2013.Un mundo armado
Compre valorar os aspectos xeopolíticos que descifran este informe do SIPRI. Que EUA e China lideren o ranking de países con maior gasto militar da a entender a perspectiva do pulso hexemónico que a nivel global dirime o cambio de péndulo de poder de Occidente a Oriente, con epicentro en Asia Pacífico. A crise ucraína de 2013-2014 permitiu a Vladimir Putin afianzar unha nova doutrina militar para Rusia, trazada a partir de 2007, e que permite unha reestruturación e modernización das Forzas Armadas rusas. Exemplos disto foron a rapidez e eficacia das intervencións militares rusas en Crimea (febreiro de 2014) e Siria (setembro de 2015)

Paralelamente, o pulso entre Occidente e Rusia con epicentro na crise ucraína permitiu igualmente á OTAN reestruturar o seu papel nun mundo xa claramente de “post-postguerra fría”. O gasto militar en Europa ascendeu un 0,6% en 2014, mentres que en Europa do Leste ese gasto incrementouse en 8,4%.

Arabia Saudita fortalece a súa posición militar no “Top 5” deste ranking de gasto militar global. Pero non é o único: segundo o SIPRI, desde 2005, Iraq, Emiratos Árabes Unidos, Bahrein e Arabia Saudita convertéronse nos países de Oriente Próximo con maior gasto militar. No informe 2014 destacan igualmente Turquía e Catar. En total, catro “petromonarquías” do Golfo Pérsico que coidaron moi ben en asegurar o establishment de poder durante a eclosión da Primavera árabe en 2011, con casos de brutal represión como foi o caso de Bahrein, con axuda saudita a través do Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo Pérsico.

Con todo, é posible que Riad traduza a súa pretensión por erixirse no líder dunha especie de “eixe sunnita” ampliado cara outros países convulsionados, en particular o Exipto militarizado baixo o xeneral-presidente Fatah al Sissi. En perspectiva, Arabia Saudita e os seus aliados tentar frear o impulso dun Irán con cada vez maior calado xeopolítico, aparente líder dun presunto “eixe xiíta” na rexión. A implicación saudita nos conflitos sirio e iemenita, así como as súas coñecidas conexións nas orixes do Estado Islámico a través de apoio loxístico e financeiro orientado a derrubar o réxime sirio de Bashar al Asad, explican igualmente porqué Riad concede ao gasto militar un factor prioritario e estratéxico.

Completa este grupo Francia, que en 2014 liderou unha intervención militar en Malí e agora fai causa común con Rusia nos combates contra obxectivos do Estado Islámico en Siria. A chave yihadista detrás dos atentados terroristas do 13-N en París persuade ao presidente François Hollande a tentar recuperar a iniciativa, a través dun maior gasto militar.

No caso africano, o continente elevou o seu gasto militar global a 5,9% en 2014. Compre considerar que os dous países que lideran o gasto militar en África sexan Alxeria (12%) e Angola (6,7%), ambos grandes produtores de gas natural e petróleo. Destacan igualmente as opacas estatísticas en América Latina, basicamente motorizada polos efectos percibidos no gasto militar debido á caída dos prezos das materias primas e a crise económica. Significativo que Venezuela, un dos países con maior gasto militar na década anterior, rexistrara a peor caída a nivel rexional, cun 34% de diminución do seu gasto militar. O líder é México (11%), en gran medida focalizado na loita antidrogas.

Pero o foco de atención está en Asia Pacífico. O incremento do gasto militar en China (9,7%, US$ 216.000 millóns) dispara unha tendencia alcista igualmente motorizada pola implicación de Washington na correlación do equilibrio de forzas na rexión, así como na formulación de iniciativas de integración (Alianza Transpacífico).

Tras China, os países con maior gasto a nivel asiático foron Vietnam (9,6%), Australia (6,7%), Corea do Sur (2,3%) e India (1,7%), toda vez Xapón mantívose estable. Compre destacar que Indonesia, un dos principais gastadores en partidas militares, diminuíu fortemente este gasto (10%) Con focos quentes a nivel global (periferia euroasiática, Oriente Próximo), a tendencia visible do gasto militar a nivel mundial moi probablemente irase concentrando en torno á contorna chinesa de Asia Pacífico, definindo así as fronteiras visibles da cambio do poder hexemónico mundial.

Resulta igualmente salientable que, no período de remate dos Obxectivos de Milenio (2000-2015) e na apertura dunha nova Axenda post-2015 de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), o gasto militar sexa sendo predominante para as principais potencias globais, en particular na súa actuación en rexións periféricas dos centros de poder pero con desigual grao de conflitividade (Oriente Próximo, África, corredor euroasiático).

A proliferación de novas ameazas para a seguridade internacional, en particular o terrorismo yihadista sen menoscabar o tráfico ilegal de armamentos e a proliferación nuclear, tradúcese igualmente na responsabilidade occidental na eclosión destas ameazas. Esta perspectiva vese claramente definida nos efectos colaterais, tales como a crise humanitaria dos refuxiados, emanada das intervencións militares de EUA e dos seus aliados en Afganistán (2001), Iraq (2003) e Libia (2011), e na “dobre vara de medir” occidental en canto ao equilibrio nuclear (Irán, Israel, Paquistán) Un mundo armado grazas aos intereses xeopolíticos, dificilmente conciliable cos principios da democracia, os dereitos humanos e a cultura de paz.

Roberto Mansilla é analista do IGADI.
Mansilla Blanco, Roberto
Mansilla Blanco, Roberto


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES