Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poemas colgados das farolas

sábado, 19 de diciembre de 2015
NPG Nova Poesía Guitirica, versos rompentes:
Poemas colgados das farolas

A NPG Nova Poesía Guitirica prepara outra novidosa iniciativa poética na liña de achegar a poesía á xente, ás rúas á sociedade, normalizala socialmente no concello de Díaz Castro, Guitiriz, e na Terra Chá.Poemas colgados das farolas
Nesta ocasión a nova iniciativa consiste en encher as farolas dos núcleos urbanos de Guitiriz, en concreto a súa capital, Guitiriz e o núcleo de Parga de autocolantes con poemas dos membros da NPG: Fátima Fernández Chascarraschás, Judiña de Lea, Pas Veres, Luz Campello, Mar Beres, Xelo Teijido, Jaki Quintela, Antón de Guizán, José Antonio Cascudo e José André Lôpez Gonçâlez, que aportarán cada un deles dous poemas para ese cometido.

Fátima, a benxamina do grupo e primotora da idea, irá máis aló, e levara os seus poemas coa colaboración de outros membros do grupo e amizades, fóra do concello coa mesma fórmula, un modelo de edición que non agarda polo lector sinón que o aborda pola rúa, unha innovación que abordamos colectivamente desde a Nova Poesía Guitirica co remate deste ano e comenzo do aninovo.

Os poemas levarán título, autor e logo da NPG e serán disteibuidos polas farolas de Guitiriz e Parga entre os días 28 de decembro e 3 de xaneiro de 2016. Serán colocados nas farolas á altura da vista para a cómoda lectura dos peatóns que ao seu paso polas principais rúas, as máis concurridas do concello poderán disfrutar dos actuáiste poetas guitiricenses, herdeiros do legado poético de Xosé María Díaz Castro, o vilarego universal.

O día 2 de xaneiro, no xantar poético do grupo NPG no mítico Gaibor, plantexaranse novos proxectos, entre eles propostas como levar a poesía ás festas parroquiais nas sesións bermú e verbenas, locais de hostelería, feirón de Guitiriz e feira de Parga e mesmo unha publicación colectiva do colectivo entre outras moutas ideas orientadas a facer de Guitiriz un concello poético e promover a poesía en tódolos ámbitos sociais. Guitiriz, a Terra Chá, Galiza, están empapadas de poesía e na NPG preténdese sacala do armario.

O grupo poético heteroxeneo no estilo e nas idades, pero homoxeneo nos obxectivos, leva constituido desde o día 2 de outubro (XXV cabodano da morte de Díaz Castro) e ten realizado xa varios recitais colectivos con grande éxito, sempre con novidosas propostas. Pertencente ao proxecto multidisciplinar Os Vilares, lareira de soños, neste grupo poético hai oito poetas vilaregos entre os dez que o compoñen.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES