Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Depende de nós

jueves, 17 de diciembre de 2015
Certo que hai moitísimas cousas que non podemos modificar:
-O lugar e a hora de nacemento.
-A familia ou o país no que tocou nacer
-A meteoroloxía.
-O tránsito.
-A raza.
-O paso do tempo.
-O pasamento das persoas que amamos.
Etc, etc…

Estas e outras moitas cousas, véñennos dadas tal como se presentan e nada podemos facer por modificalas.
Toca asumilas de bo grao e acatalas.

A min, persoalmente, tocoume de nacer no seo dunha familia labrega dunha aldea galega e as brétemas e o orballo son compañeiros do camiño cos que vou pasando o tempo e despedindo a moitas persoas moi queridas.

Podía nacer noutro lugar e noutra familia pero xa non sería eu. Sería outra persoa diferente.
Eu quero ser como son, porque son feliz e eso é todo o que necesito.
¿Para que quero máis?

Quero pensar que a vostede tamén lle pasa algo parecido. Non cambiaría a súa orixe por nada nin por nadie.
É a súa propia.
¿Certo?
¡Qué a disfrute moitos anos!

Pero tamén hai outras moitas sobre as que temos capacidade para transformalas según consideremos.
Dependendo de como as modifiquemos, podemos sacarlles máis ou menos rendemento:

-Podemos ser persoas ordenadas e –xeralmente- saberemos onde temos cada cousa.

Dá moito gusto atopar unha cousa despois de moito tempo sen usala, porque estaba no lugar que tiña asignado para ela.

¿Non experimentou esta satisfacción nalgunha ocasión?

-Podemos ser agradecidos e deste xeito saberemos valorar canto nos aman outras persoas.

Todos temos moito que agradecer:
-A vida ós proxenitores.
-O saber ler a quen che ensinou as primeiras letras.
-A saúde a aquel médico que acertou con aquela doenza que tanto nos preocupaba.
-O amor da familia, que non hai cartos no mundo que o paguen.
-O sol, a choiva, os ríos, o mar, as estrelas…

Todo está aí para o noso gozo e enriquecemento.
Por eso lle debemos agradecemento.

Cando eu era unha nena, ensináronme a dá-las grazas por todo e aínda é hoxe o día que o fago.
Aínda que lle pareza mentira, prodúceme unha satisfacción enorme.

-Podemos marcarnos uns horarios e teremos tempo para cada cousa no seu momento:

As obrigas persoais, as familares, as laborais, as amistades, o lecer, o descanso...
Eu son unha persoa moi activa e cando me vexo no límite, fago unha pausa e digo:
“Xa chegará o día que non poda facer nada desto e daquela si que será un problema. Neste momento, esto é o mellor que me pode pasar”.

-Podemos ser persoas relixiosas ou ateas.

A maioría dos pobos ó longo da historia da humanidade tiveron e teñen a súa relixión, que en boa medida, marca o seu ritmo de vida.
Na cultura cristiá o domingo reservámolo para o culto e a relación parroquial, queremos a todos –a veces mutuamente e outras non- e procuramos levar unha vida acorde coa nosa moral.

Se somos ateos e respetámo-los dereitos dos outros e os nosos mesmos, tamén imos por bo camiño.
En ámbolos dous casos, Deus está da nosa parte aínda que non recoñezamos a súa presenza.

-Podemos acadar unha educación en valores para saber o lugar que temos que ocupar en cada momento ou pensar que todo o monte é ourego.

Se sabemos o lugar que temos que ocupar, non nos veremos en situacións bochornosas, seremos respetados e apreciados e a vida seranos máis levadeira.
Cometeremos moitos erros, seremos criticados moitas veces; pero saberemos pedir perdón e rectificar.
Equivocarse é moi humano, pero rectificar é de sabios.
(O que non se consola é porque non quere)

-Podemos marcarnos unhas metas e loitar por conseguilas.

Algunhas poden ser:
-Loitar pola paz sendo persoas pacíficas con nós mesmos e coas persoas que nos atopamos na vida.
Os pacíficos herdarán a terra.
¿Qué máis se pode pedir?

-Loitar pola xustiza para que nunca falte o pan de cada día para tódalas persoas de boa vontade que traballan honradamente.

-Sentir máis gusto en dar que en recibir, porque o que dá xa ten a súa recompensa.

-Podemos levar unha alimentación variada ou comer tan só aquelo que nos gusta.

Se comemos variado, o noso organismo recibirá o aporte alimenticio que precisa, producindo un equilibrio no noso estado de saúde física, mental e psicolóxica.
Se comemos sempre o mesmo, enseguida notarémo-las deficiencias por algunha parte do noso organismo.
Somos moi perfectos e se nos falla un órgano, toda a nosa persoa se ve afecada.

-Podemos conducir con moderación o sen ela.

Se imos con moderación, o veículo agradeceránolo, o noso peto tamén e os restantes transeúntes poderán ir tranquilos polas vías públicas porque saberán que non somos un perigo para elas.

Realmente temos moitas opcións onde elixir.
De nós depende…
Acertar, non é labor doado.
Moitas veces equivocámomos; pero se aprendemos dos erros, xa imos por bo camiño.

A vida é unha escola de aprendizaje.
Esta aprendizaxe é persoal e intransferible.
Cada persoa ten que aprender por experiencia propia.

É moi positivo que así sexa:
¿Imaxínase que un pai sabio enxendrara un fillo sabio?
¿Onde estaba o mérito do segundo?

Os méritos ten que labrar cada persoa os seus, se quere gozar da verdadeira satisfacción que produce a superación persoal.
O nivel de superación vai intimamente relacionado coa evolución humana.

Neste momento da historia o noso nivel de superación ten o listón moi alto. Por ese motivo, debemos redoblar esforzos para seguir humanizádonos, porque aínda queda moito por facer.

Trátase de reconducir según que conductas para que a evolución vaia parella cos valores humanos.

“EVOLUCIÓN E VALORES HUMANOS” será o título de seguinte artigo.
Quédolle moi agradecida por terme na súá consideración, nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES