Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 10 de diciembre de 2015
A felicidade dos ourensáns. Os ourensáns son os galegos máis felices co seu medio de vida. Madía leva! Que remedio nos queda! A ver; xa o teño dito varias veces: que Galicia é o cu do mundo e Ourense é o ollo do cu. E entón non queda outra que coller todo isto de carallada ou coa típica retranca que nos caracteriza. Se non o collemos desta maneira, xa me diredes.

Imaxino que a tal noticia saltaría á palestra a causa dalgunha enquisa. E imaxino, tamén, a contestación de moitos: que por non berrar coa rabia e por non chorar de miseria, soltamos a mofa: que vivimos coma Deus!. Faltaría máis, home! Vivimos tan ben que ó mellor non tardamos moito en vivir media provincia no estranxeiro. Vivimos tan ben que tragamos fel e ensinamos un sorriso moi aberto na cola do paro: “xuntámonos aquí para falar das vidas laborais de cada un, xa que hai algúns que as teñen moi ricas”.

Somos felices porque alguén nos preguntou que qué tal e, a ver!, non iamos ser desconsiderados e tampouco queremos que algúns se decaten das nosas miserias. Que temos o noso orgullo, oe! Ademais, na cola do paro non lle facemos mal a ninguén. Os ourensáns somos felices con pouquiño.

OUTRA DE HEROES ANÓNIMOS

Estamos a todas as horas, en todos os parladoiros falando de Messi ou Cristiano Ronaldo, de Harrison Ford ou Tom Hanks, dos Beatles ou de Ennio Morricone porque os temos como eses heroes que nos fan soñar nesta realidade brutal. Pero non nos decatamos deses heroes que, eles, si que viven a auténtica realidade brutal. A estes chamareilles sempre heroes anónimos. Vou coa historia dun máis. Carlos Vidal Fariña é un mozo do concello de Carballo que preside o club de fútbol no que xoga (un da 3ª autonómica da Costa da Morte), que pinta o campo e que, uns minutos antes de que empecen os partidos que xoga no seu estadio, enche a cantina para que os espectadores teñan onde pasar o tempo se o partido se pon aburrido. Logo, para máis aquel, a súa nai lava a roupa gratis de todo o equipo. El si é un heroe. A súa nai é outra heroe. Anónimos, pero heroes. A este mozo si que lle admitiría que non soubese que tal ou cal xogador non podería xogar certo partido por acumulación de tarxetas. Bastante ten o pobre con ter na cabeza todos os cometidos que ten que levar a cabo antes de cada partido. Pero nós ó noso: que por unha mexericada, por un simple despiste nunha casa de centos de empregados, non van expulsar o Madrid da Copa do Rei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES