Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a Nemesio do IES de Foz

miércoles, 09 de diciembre de 2015
Procedente do IES FP de Viveiro chegou ó de Foz en 1979. Un ano despois, tras o paso polo Politécnico de Ferrol, foi nomeado profesor/delegado e director do IES focego, cargo que desempeñou de xeito ininterrumpido, durante 35 anos, ata a recente xubilación.

Nemesio vivíu de cheo tódalas carencias imaxinables para a posta en servicio dun Centro de Ensinanza coa dotación elemental precisa para o digno desenvolvemento da importante tarefa enccomendada; en instalacións precarias e pouco idóneas, ata que o ministerio de Educación tomou a decisión de construir o edificio que albergaría as Segundas Ensinanzas. Inaugurábase o mesmo no ano 1982.

A partires da data, Nemesio despregou unha auténtica loita para facer ver ás autoridades a apremiante necesidade de realizar as ampliacións que as necesidades e proxectos de futuro demandaban, así como as permanentes obras de reforma e novos espacios.

Na evolución de onte a hoxe e do ben gañado prestixo do que goza o Centro exemplar, non só por instalacións e prestacións, senon polo funcionamento nos distintos aspectos que iniciden nun centro desa natureza, hai un nome sobranceiro: Nemesio Rodriguez que coa entrega entusiasta e un traballo que excedía á súa obriga no honesto desempeño do cometido, foi piar fundamental para acadar o nivel que hoxe se recoñece. Foron sempre exemplares a dedicación, o esforzo e a ilusión deste funcionario da ensinanza por levar a bó porto a nave da que , durante hai mais de 35 anos, foi timonel.

Nemesio non só foi director modélico dun centro con mais de 600 alumnos e un cadro de persoal que ronda o cento de traballadores entre profesorado e servicios auxiliares. Activo, dinámico e soildario, sempre disposto a colaborar e prestar a súa aportación e toda iniciativa educativa ou social.

Recoñecendo nel os méritos dun labor singularmente eficiente para a nosa sociedade, O Mundo de Galea, colectivo comarcal, o Día do Mariscal do ano 2011 invistíu a Nemesio, Cabaleiro da Orde de Pardo de Cela, honor que terá continuidade na homenaxe consistente nun xantar o vindeiro día 12 para cantas persoas desexen participar no mesmo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES