Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornaleiro da Palabra

lunes, 30 de noviembre de 2015
Vaia por diante que estas palabras non son miñas, senón dun emocionado Xosé Neira Vilas que o día 24 de xullo deste mesmo ano recibiu a Medalla de Ouro de Galicia. É posible que, máis alá do eco informativo da xornada, ninguén as reproducira todas. Como eu tiven vagar para gravalas, velaí van dende o afecto recíproco que sei que nos profesabamos:

"… Hoxe é para min un día memorable. (...) Agradezo fondamente este alto honor. Espero merecelo. E se así non fose, aspiro humildemente a que eso ocurra no que me resta de vida e de enerxía.

Estades premiando a un xornaleiro da palabra, a un traballador das letras. Un exemigrante, coma tantos, que descubrín Galicia en América, onde estiven 43 anos. Descubrín Galicia e convertinme nun activista permanente da nosa cultura. E alí tomei en serio a miña latente vocación e fun tecendo a miña existencia con estes dous elementos: Galicia e a súa condición literaria.

A emigración galega a América foi unha sangría. Pero de rebote tróuxonos certos beneficios que xa son historia. Dende América, os emigrantes dotaron a Galicia de 317 escolas cando aquí o analfabetismo chegaba ó 72%. De América viñeron símbolos coma a nosa bandeira e o noso himno, xa centenarios. E veu a Academia da Lingua. E lavadoiros públicos. E pozos sanitarios. E monumentos... E o mausoleo de Rosalía. E a residencia de estudantes de Santiago.

Finalizáronse arreglos de igrexas e de camiños e nos planos da formación persoal, moitas máis cousas, coma a Escola Agrícola de Ribadeo, o Instituto de Cee, etc.

De América viñeron recursos para redimir foros, desempeñar leiras e sementar de casas as nosas aldeas. E miles de fillos de labregos puideron ir á Universidade.

O emigrante adquiriu unha nova visión do mundo e aínda están por estudar os aportes da emigración a esta nosa democracia. Citarei, cando menos, un: A comarcalización do territorio (…)

En canto a min, só podo dicir que publiquei ducias de libros, sempre en lingua galega, e exercín a militancia na cultura galega. Actividade que asumín sempre coma un deber e que culmina coa Fundación creada na aldea do Val do Ulla, onde vivo agora.

Moitos dos nosos emigrantes en América, xeralmente campesiños analfabetos de orixe, axudaron a crear asociacións, empresas, bancos, revistas e xornais, e algúns foron profesores, poetas e científicos, enerxía que se desenvolveu na outra banda do mar. E por unha parte fixeron o honor de espertar cara Galicia unha nación.

A todos, homes e mulleres que loitaron dende a diáspora pola dignificación e o progreso múltiple do noso país -e que os máis deles non voltaron a el-, dedico hoxe esta medalla. E tamén a dedico á memoria da miña compañeira, Anisia Miranda, que me deixou hai 6 anos.

Sempre terei presente este día e serei sempre xeneroso coa Xunta de Galicia. Moitas gracias".
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES