Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Et percurrunt civitatem lagrantes ut canes

viernes, 27 de noviembre de 2015
Cando un can ladra pola noite, todolos cans do entorno o secundan: latrante uno latrant confesim omnes, di o refrán.

Sospeito que debe de haber eleccións próximamente porque as hostes do PP, o mesmiño cos cans, puxéronse todas en pé de guerra contra os promotores da nova residencia de Ribadeo.

Empezaron os cans de palleiro do PP de Ribadeo, seguidos logo polos ladridos do gran mastín provincial, o Sr. Balseiro. A estes tenores, úneselles agora a voz do presidente de Novas Xeracións do PP de Lugo, o “alevín” Daniel Vega. E, pra rematar a sinfonía canina, como non podía ser doutro xeito, aparece en derradeiro lugar o ouveo da presidenta das NNXX de Ribadeo recitando a mesma letanía. Saen a ouvear contra o alcalde o os demais promotores da residencia. A imaxe, xa rematada e esbelta, do edificio da nova residencia puxo nerviosos ós peperos, que non resisten a afronta que pra eles representa haber estado contra dos intereses do pobo de Ribadeo.

As súas armas, as de sempre. A mentira descarada. Como bos políticos. Acusar ó alcalde e ó seu goberno de non facer o seu traballo coa residencia. Pra que é, pregunto eu xa que logo, o edificio levantado da rúa Paco Lanza, Sr. Vega?

Afirma o Sr. Vega que a Xunta non só non pon obstáculos, senón que cre na necesidade dunha residencia pra maiores no noso concello. Vaia, home, e pra iso tanta loita e tanto traballo. Alégrame coñecer o cambio de actitude da Xunta. Pena non sabelo antes, pois, houbéramos aforrado moito traballo. Pro tanto eu como todos os membros da Comisión pro Residencia somos testemuñas vivas da postura de rexeitamento á residencia que mantiña a Conselleira de Benestar cando se lle expuxo en Santiago esta urxente necesidade. E si Vde. non o cre, non ten mais ca preguntarlle ó anterior portavoz do PP, que asistiu con todos a esas xuntanzas representando a aquel PP local que hoxe non hai.

De onde saca Vde., Sr. Vega, que o alcalde pretende privatizar a residencia? Quen lle contou esa troula? Quen leva a batuta, pregunto, das privatizacións dos servizos públicos en Galicia e aínda en España? O PSOE ou o BNG, Sr. Vega

De verdade, cre Vde. dixeribles pola xente as súas malévolas invencións de que as prazas da residencia están destinadas ás rendas máis altas? Afirmacións como estas son a proba palpable do seu nereviosismo e carencia de argumentos para imponer á xente as súas mentiras difamadoras.

Pode Vde. explicarlles ós ribadenses pra quen serían as 40 prazas concertadas que Vde. pide? Prós veciños de Ribadeo ou pra toda Galicia. E en que edificio había meter esas prazas? Agardo a súa resposta.

Acusa este “alevín” do PP ós promotores da residencia, alcalde e Comisión, de rexeitar que a residencia fose pra todos e querela so para uns privilexiados. Pódese ter tanta cara para contar tamañas mentiras e quedarse tan fresco? Pro non se quedaron aquí as súas mentiras do PP, senón que fixou o prezo dás prazas futuras: 1.400 euros, nada menos. E avala esa mentira, disque con datos “constatables”. Pode amosalos? E non dubida en cualificar a súa actitude de “postura de altas miras (se refire á do PP) para solucionar un problema que está enquistado pola incompetencia do BNG e do seu alcalde”.

Pro hai un punto ó final do seu panfleto no que coincido con Vde. e aplaudo o seu arrepentido cambio de postura. “Si á residencia con maiúsculas, si á residencia para todos os nosos maiores e si á residencia para Ribadeo”. Menos mal que nisto, si, estamos de acordo, aínda que Vdes. nada fixesen pola residencia, salvo poñer trancas nas rodas pra acadar este obxectivo.

Pro si Vde. pensa, Sr. Vega, que o mellor camiño pra conseguir algo pro pobo é o engano e a mentira, alá Vde. O noso camiño foi outro: o do consenso e o da concordia entre todos. Antepoñer os intereses do pobo ós interes dos partidos. Un xesto de grandeza por parte dos outros portavoces que Vde., no seu servilismo ó partido, non poderá entender. E aí está o resultado.

E si as miñas “homilías” lle fan dano, Sr. Vega, non veña escoitalas a esta igrexa, que eu non o invitei. Porque estas “homilías” so están dirixidas “ás persoas de boa fe”.
Rodríguez Díaz, José María
Rodríguez Díaz, José María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES