Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Finou Pequenete

martes, 24 de noviembre de 2015
Na mañanciña do domingo , polo xornal, soubemos da triste nova que nos deixou abraiado: na tarde- noite anterior finara Xosé Ramón Andrade Lestegás, o tan popular “Pequenete”; home polifacético, emprendedor, optimista, traballador, extrovertido e vitalista; animador social, sempre dinámico, de bó talante, matinando con novas iniciativas para o solaz das xentes.

Os Pequenete, él e seu irmán Xosé Benito, fixeron posible que Foz contase coa magnífica sala de cine que mercaran á familia Núñez Cageao no ano 1985 cando, de non ser así, posiblemente xa daquela se pechara, e que perdurou ata o 2006.. en que a tolemia inmobiliaria a fixo renderse á piqueta.

Polos finais dos anos 80 do século pasado que a familia Bahía cesou na explotación da Pista e Sala de Festas da súa propiedade, os Pequenete tomárona en aluguer e durante anos seguiron organizando bailes e festivais mantendo a categoría dos mesmos, ofrecendo actuacións de orquestras e atraccións do nivel que deran tanto prestixio a aquéla dende a súa creación en 1948.

Funcionario de Correos xubilado; Presidente da Asociación Cultural O Castro de Vilaronte, onde residía, e na que fatalmente perdeu a vida; organizador de festas, como a do Emigrante, que cada ano, na súa parroquia, ten lucida celebración…

Ísta é só unha breve síntese da actividade desenvolvida por Xosé Ramón Andrade , “Pequenete”, tristemente desaparecido, feita a voapluma dende a mágoa da perda do valioso membro da nosa sociedade, do que este cronista foi amigo entrañable.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES