Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembrando a Mariño

viernes, 20 de noviembre de 2015
Celebra estes días a 37 Semana Micolóxica a Asociación focega Os Bolouros, e tal feito trae á memoria a personalidade de quen foi o promotor e pioneiro, presidente, introductor e mestre da cultura micolóxica na bisbarra: noso amigo ,recén finado, Constantino Mariño, a quen a organización dedica a mesma. En 1970, enviado por Extensión Agraria, chegara a Foz para por en marcha e atender a Axencia, de nova creación.

Aficionado que era estaba xa metido no movemento do rexurdir o interese polos cogumelos en Galicia, de contado comezou a organizar cursiños para a súa identificación e coñecemento , distribuindo publicacións sobre os temas, e recolleitar, unhas veces para improvisar pequenas exposicións e as mais organizar demostracións de cociña e degustacións en distintos lugares.

O pulo industrial e socio-económico que incidiu na Mariña trouxo a estas terras a persoas xa iniciadas ou con inquedanza e interese polos cogumelos. Así chegaron, entre outros, Alfredo San Martín, Domingo Pose, Vicente Sempere, Antonio Gumiel, Luis Vicente Monroy, etc.

Tamén persoas de Foz e vilas da bisbarra responderon á chamada, interesándose polo seu coñecemento, coma Vicente Rodriguez ,Xesús Blanco ,Lourenzo Molejón e membros de asociacións culturais e profesores de diversos centros de ensinanza.

En 1979 créase “O s Bolouros”, que se integra na Federación Galega, da que era principal promotor o vigués Antón Patiño Rigueira. Dende o primeiro día os Bolouros desenvolven unha importante actividade,incidindo no aspecto didáctico e por aquí pasaron micólogos moi destacados: o presidente e a vice-presidenta da Sociedade Galega de Hª Natural, don Luis Freire e Dña. Marisa Castro; o micólogo ,don Mariano García Rollán; o Presidente da Sociedade de Baracaldo, don José A. Muñoz Vivas; o Dr. Enxeñeiro de Montes don Juan Villarino Urteaga e o naturalista don Leopoldo San Martín; os asturianos irmáns Sánchez Ocaña…

O ben gañado prestixo de Os Bolouros fai que a Federación lle encomende a Organización da IX Semana Micolóxica de Galicia (1987) con unha programación especial e a edición por Correos dun selo conmemorativo.

Póde decirse que con Mariño chegan as setas a Foz,; se é certo que xa as había eran, prácticamente, unhas descoñecidas. Garimosas lembranzas para quen foi o primeiro apóstolo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES