Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai remata-lo verán

viernes, 18 de agosto de 2006
Aínda que o calendario non o diga expresamente, o verán está rematando.

Pasaron os lumes, chegaron as choivas, baixaron as temperaturas, e os prognósticos indican que por moito que volva o bo tempo non teremos os rigores pasados, e todos respiramos tranquilos. Políticos e non políticos.

Todos estabamos a agardar que pasara de nós este cáliz. E a tan agardada auga, remedio celestial para os ardores indesexados, foi e é ben recibida aínda coa contrapartida de centos de pequenos accidentes froito do cambio de condicións físicas do noso contorno pero sen adaptación pola nosa parte.

Estamos, pois, nun impasse que de seguida rachará pola propia dinámica do tempo.

Estamos a celebrar as últimas festas do verán, a do emigrante, a da malla, os caneiros e o globo, as gastronómicas… Hai que liquidar todo de cara a setembro para empezar tódolos cursos lixeiros de equipaxes.

Que o curso vai ser movido, cargados todos de argumentos para comezar con forza. E non só os políticos, pero sí especialmente xa que este curso rematará en exame importante coas eleccións municipais que agora sí que están encima e preocupan gravemente a tódolos que teñen que ver coa cousa pública.

Vai remata-lo verán. Quedan moi poucos días, que pasarán nun suspiro. Está chegando un outono quente (agardemos que só en sentido figurado), que non debe collernos co paso cambiado polo que xa nos estamos poñendo en situación de partida.

Disfrutemos os últimos días de relax se é que podemos. Cando chegue setembre todo vai ser novo, diferente… para que nada cambie.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES