Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A chuvia chora en Galicia

viernes, 20 de noviembre de 2015
Semella que vivimos sempre ás portas do inverno onde os temporais do oeste non terminan de limpar o lixo da rutina. Choven bágoas sobre a universidade galega, a que expulsa a científicos e investigadores. Se os centros de cultura superior non apostan pola excelencia, se non hai cartos para pagar os cerebros, para que serve a universidade?

Os principais xacementos de riqueza non están nas rías deterioradas, nos montes que monocultivan eucalipto. Tampouco nas vacas expulsadas dunha terra que debera producir leite e mel. Non están na riqueza dilapidada das paisaxes que esmorecen. Que tamén. Están nos cerebros dos que crean, imaxinan e fan máis doada a vida de todos, dos que investigan para producir máis con menos. Os xacementos de riqueza están nos cerebros dos que premen os cen mil millóns de neuronas e obrigan a traballar a ferramenta máis poderosa e preguiceira do corpo. Nunca descuberta de todo a súa construción ocupa máis do 50% do xenoma humano. Somos en esencia o noso propio cerebro.

A austeridade fiscal nestes tempos de desolación non pode afectar á educación, á investigación, á universidade. É ben preferible deixar aos netos unha Galicia con débedas pero educada e culta, que hipotecar con inxentes cantidades de ignorancia, incultura e falta de educación as xeracións futuras.

Din que non hai cartos para manter acesos os cerebros na Universidade. A fórmula máxica I+D+i foi sepultada por cartos cortoplacistas. Non hai diñeiro para a universidade que expulsa a científicos e investigadores pero aínda quedan partidas milmillonarias para as pirámides onde malos políticos e peores xestores dilapidaron a riqueza do país, esa Cidade da Cultura, esas bandadas de AVEs.

Educamos aos mellores dos nosos para expulsalos a unha emigración que crea riqueza fóra. Quéixanse os científicos galegos “de que se desmantele o que tanto costou construír. Agora que o sistema científico comenza a asentarse córtase a árbore de raíz”. Os que saben avisan de que o gasto en I+D sobre o PIB baixou do 1,04% ata o 0,96%. De estar cerca dos postos de cabeza agora viaxamos no furgón de cola, lonxe do 2% que dedican no País Vasco, Madrid ou Cataluña. Por iso o ánimo deses investigadores é de indignación e desolación. E un sentimento común: a frustración. Cómo é posible, pregúntanse, que o sistema galego I+D só poda absorber a uns poucos científicos cada ano cando centros europeos punteiros rifarían por eles?: “En tempos de crise, recorda Einstein, só a creatividade é máis efectiva que o coñecemento”.
Ás portas do inverno, mollado pola auga miudiña, este país semella infinitamente vello. En Galicia, a chuvia é de bágoas.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES