Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os frescos da igrexa dos Vilares

sábado, 21 de noviembre de 2015
Os frescos da igrexa dos VilaresNo ano 1991, ao quitar caleado das paredes, foron descubertas as pinturas murais da igrexa de San Vicente dos Vilares nas Reixas. Un ano despois, o profesor Juán M. Monterroso Montero, publicaba no número 8 do caderno de estudios mindonienses o seu estudio "San Vicente de Os Vilares. Nuevas pinturas de un antiguo maestro (S.XVI)" que informaba do achádego e ilustraba sobre a súa importancia. A igrexa dos Vilares, que ten a súa orixe no século XII e que sufreu varias modificacións, a primeira delas no século XIII, foi sempre un importante centro de culto, dependente primeiro de Monfero e posteriormente e ate hoxe de Mondoñedo.

Os frescos situanse na parede de frente á entrada os primeiros (dos evanxelios) e representan tres esceas:
1. Lamentación de Cristo Morto.
2. Imposición da casulla a San Ildefonso.
3. Santiago Matamouros.

Parede á dereita da entrada (da Epístola):
1. Ornamentos xeométricos.
2. Fragmento de escea de paisaxe.
Os frescos da igrexa dos VilaresEstes elementos pictóricos foronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.

Datan segundo o estudo de Monterroso Montero do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estebo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.

Hoxe, os frescos dos Vilares, deteriorados e en perigo de desaparición definitiva pola falta de atención e mantemento, as humidades, e o paso do tempo, precisan de traballos profesionais de recuperación como elemento patrimonial de grande importancia e para evitar que pasen a ser lembrados unicamente por publicacións como a mencionada anteriormente. Os retablos, os cruceiros do calvario, o sarcófago, a propia igrexa, son un importante valor patrimonial que se debe reforzar coa recuperación deses frescos.

É por esto que o proxecto multidisciplinar Os Vilares, lareira de soños, que dirixe Pastora Veres, solicitará entrevistas cos responsabeis das respectivas administracións (Deputación, Xunta, Arzobispado) para sensibilizalos, documentar o estado dos frescos e promover a súa restauración e posta en valor da maneira máis acaída.

O patrimonio etnográfico e arquitectónico da parroquia esmorece e aos frescos habería que sumar outros moitos elementos que tamén abordaremos como os vellos cobertizos da feira, a mellora da Casa Habanera da Conchada, o sindicato, a casa natal de Díaz Castro, muíños, fontes, lavadoiros, etc...

Non hai nada peor paea o noso patrimonio que o seu abandono e posterior esquecemento, polo que é de agradecer ao proxecto dos Vilares o seu interés en recuperar o patrimonio material e inmaterial da pequena parroquia chairega do poeta Díaz Castro e achegar o seu coñecemento á opinión pública e aos responsabeis politicos respectivos.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES