Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O día mundial do Neno

miércoles, 11 de noviembre de 2015
A efeméride (once de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que “a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer”.Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.

En 1971 celebrase en Foz a 1ª Feira da Arte Popular, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular ”stand” no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada,zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestos, encaixes de Camariñas… Un vello amigo franqueounos a porta do P. Silva ao que visitamos para solicitar del a presencia do stand na feira de Foz, que se consumou na inmediata de 1973.

Moitos outros artesáns a título personal completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca coñecida por estas latitudes, como a chantadina Elvira Rodriguez Osorio, entón a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa, en mans das mais importantes personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, en madeira tallada, realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto. A rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público. A novidade atraera exursións de provincias limítrofres

Por primeira vez trala guerra civil, ondeaba en acto público e multitudinario, a bandeira galega que permañeceu nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar…

O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa asistencia de músicos insignes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción “ Os dereitos do neno”, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva, apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: “1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa declarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día…”,

P.D. : o día da visita a Bemposta para solicitar do P. Silva a presencia do “stand” na feira de Foz, celebràbase no Pavillón de Deportes das Burgas unha edición do “Certame da Canción do Miño” , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite o que dende entón é unha figura da canción galega, daquela un mozo, descoñecido, mariñeiro de Moaña, chamado Xil Ríos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES