Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha nova para esquecer a realidade

lunes, 09 de noviembre de 2015
Unha semana máis (e van…) segue na palestra o asunto da escisión de Cataluña e dos refuxiados que chegan a Europa. O de Cataluña semella que o bolo de neve vai a máis e do que, eu, sinceramente me alegro; e o dos refuxiados, pois o típico, que segue sen ter nome o que está a acontecer con eles.

Pero tamén, como case todas as semanas, sempre hai algunha nova que alegra un pouco a alma e que nos libra un chisquiño desa realidade política, traidora e, por que non, porca e pesimista. A nova que me chamou a atención, por simpática e orixinal, foi a dunha muller austríaca de 85 anos que esgazou, que desfixo por completo un millón de euros en billetes para non ter que deixarllos ós seus herdeiros. Fixo ben, carallo! Vai ti saber, ó mellor estes non o merecían. Seguro que non. Cando nos llos deixou… E non chegándolle con iso, tamén escachizou as contas de aforros. Veña, lambóns, á miña conta non ides vivir, tal como me tratastes.

Certo que a mulleriña puido deixarllos a alguén ou a algunha institución que realmente os necesitase, antes de esnaquizalos. Pero ó mellor igual pensou que se llos deixaba a alguén igual se volvía cobizoso, avarento e nugallán coma os seus. Mira, mellor é que os esgace e que cada quen se busque a vida como poida. E rachounos. Fixo ben, carallo!

Contada a anécdota, toca volver á realidade; que non é outra que aturar, a partir de agora, a todos eses políticos que xa iniciaron a súa campaña electoral. Queda un mes e hai que disparar a treu, sen orde nin xeito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES