Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iberia, con

martes, 01 de agosto de 2006
Hai moito tempo, Iberia era moito máis ca unha compañía de transporte aéreo. A propaganda oficial fixo dela a mellor compañía de Europa, a máis rendible, a máis puntual, o paradigma da modernidade e do progreso.

O paso dos anos deixou claro que o que era Iberia era un monopolio que funcionaba como a Campsa, Telefónica, as Compañías eléctricas ou Fosforera Española, dos que todos eramos clientes porque non tiñamos outra opción.

Coa entrada da modernidade nestes territorios, coa chegada da apertura social, económica, de ideas… fomos sendo un pouco máis conscientes do que tiñamos e do que podiamos ter, e fomos elixindo entre as diversas opcións posibles, en tódolos ámbitos da vida.

Iberia foi perdendo carisma na mesma medida en que ían gañando cotas de mercado outras compañías, ata o momento en que nos encontramos no que Iberia é anual noticia polos conflictos que plantean os seus empregados mellor pagados, que loitan con todas as súas forzas para manter os ben amarrados dereitos adquiridos.

Se o conflicto dos pilotos recentemente planteado foi irracional (con “i”), o colmo da inxustiza (tamén con “i”) foi a acción que semella delictiva do persoal de terra de Iberia no aeroporto do Prat, en Barcelona, que por problemas internos invadiu as pistas, impedindo os voos e colapsando un dos maiores aeroportos do país nos días de maior fluxo de viaxeiros do ano.

Un xulgado barcelonés ven de tomar cartas no asunto e enxuizará ós máximos responsables desta acción improcedente (con “i”), para ver de depurar responsabilidades sobre algo que ocasionou cuantiosas perdas económicas e unha irreparable merma no crédito social que Iberia aínda puidera ter.

Iberia morre desde dentro. Entre uns e outros, acabarán por rematala. Todos son uns irresponsables. Ou sexa, impresentables (con “I” de Iberia).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES