Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non me gustaría estar no seu pelexo

miércoles, 28 de octubre de 2015
Poñamos por caso que o Ministerio de Fomento aínda non tivera decido o trazado da entrada do tren da alta velocidade en Ourense.

Poñamos por caso, así mesmo, que existisen dúas posibilidades igual de beneficiosas no ámbito xeral para a cidade e igual de perxudiciais na casuística particular para os lugares polos que cada cal pasase.

Poñamos por caso, en consecuencia, que existen técnicos que avogan parcial e vehementemente por unha delas e que existen outros técnicos dese mesmo ministerio que avogan coa mesma vehemencia e parcialidade pola outra e que no mesmo rango a sociedade -sexa directamente afectada ou non- sostén en equidistancia a dúas e contradictorias ofertas.

Poñamos por caso, finalmente, que para dirimir a cuestión e evitar responsabilidades persoais e políticas, á ministra non se lle ocorrera mellor decisión que convocar a tódalas partes implicadas "armados" con toda a documentación de apoio a unha e outra causa e os pechase a todos nunhas xornadas de defensa de cada unha das partes e ó mesmo tempo nomease por decreto ministerial -con obriga de asistir baixo risco de ser acusado en causa penal- a unha ducia de veciños de Ourense, alleos completamente ás zonas afectadas, para que durante esas interminables sesións escoitasen os argumentos e as probas periciais que alimentasen cada unha das opcións e despois de seren escoitadas tódalas partes, oíndo falar de curvas de nivel, radios mínimos de xiro, pendentes máximas e mínimas, efectos medioambientais, cálculos socioeconómicos, orzamentos multimillonarios, etc., etc., foran incomunicados durante o tempo que precisasen nun hotel -prohibíndolles ademais o comodín da abstención- ata que por maioría cualificada adoptase unha ou outra decisión da que dependería o futuro da cidade para unha chea de lustros.

Si, xa sei que é un imposible. Pero, poñámonos no caso de que acontecese. Imaxina, benquerido lector, o estarían recollendo tódolos medios de comunicación nestes mesmos intres respecto da ministra do ramo?

O máis suave que se escoitaría, seguramente, sería algo así como que a ministra está tola de remate.

Pois ben, a nada que sexa un pouco perspicaz -que o é- terase decatado de que o que acabo de facer non é máis ca un exercicio de transposición argumental trasladando a unha hipotética comisión popular de obras o sistema co que esta democracia dotou á Xustiza no tocante á creación dos xurados populares, un dos cales, por certo -no que non me gustaría estar no seu pelexo- se dispón en Compostela a decidir se uns pais asasinaron ou non á súa filla e razón pola cal se me antolla esta pregunta: Se isto que acabo de describir é un despropósito para decidir por onde vai unha estrada ou unha vía, cómo pode ser posible que sexa viable para decidir sobre a vida de dúas persoas?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES