Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Beizón para Amancio Ortega

martes, 27 de octubre de 2015
Cada vez que escoitaba da miña aboa Antonia Rivero, alá por os anos sesenta, do século pasado a palabra “beizón”, enchíame de gozo. Esa mostra de agradecemento, soamente a utilizaba a miña aboa, cando se sentía profundamente agradecida.

A expresión beizón saída dos seus labios, soaba a musicalidade profunda, era a harmonía perfecta, chea de calidez, humildade e de emoción intensa; duraba uns segundos, pero ese vínculo emocional, que ofrecía reciprocidade, permanecía por longos períodos de tempo na miña memoria.

Beizón, con esa intensidade, e gratitude, é o que quero transmitir eu, e penso que a maioría das persoas de ben, ao fundador do imperio INDITEX, pola inmensa xenerosidade coa sociedade en xeral, e coas mulleres o os máis desfavorecidos en particular.

É moi gratificante, coñecer a través dos medios de comunicación, que a Fundación de Amancio Ortega, acaba de doar ao SERGAS (Servicio Galego de Saúde), a cantidade de 17 millóns de euros, destinados a renovación tecnolóxica de todos os centros de diagnóstico e tratamento oncolóxico do sistema de saúde público de Galicia.

Os equipamentos dotados coa tecnoloxía máis avanzada, son principalmente, mamógrafos dixitais e equipos de radioterapia, que van permitir unha maior eficiencia diagnóstica, unha menor exposición dos afectados, un incremento da eficacia dos tratamentos, así como a redución da súa duración.

Con estas novas tecnoloxías, diagnósticos, pronósticos e terapias, van contar con ferramentas máis precisas, para facer fronte ao cancro de mama. Esa enfermidade letal e silenciosa, que primeiro deteriora a saúde e logo acurta a vida de tantas mulleres na sociedade actual.

Este convenio, é integral, ten unha duración de oito anos. A través del, vaise financiar os equipos, e a súa instalación, a actualización continua das novas tecnoloxías e a formación dos profesionais que os van a utilizar.

En novembro do 2014, a Fundación de Amancio Ortega, de novo volvía estar presente de forma xenerosa, cos que máis o necesitaban. Esta vez doando 20 millóns de euros a Cáritas, para que, a través dos seus centros puidera socorrer aos máis desfavorecidos, dándolle de comer, aseo, medicamentos e onde durmir.

Este home, rico en patrimonio, é máis rico en xenerosidade, que de forma calada e humilde, devólvelle a sociedade, unha parte do que ela lle deu previamente, ten toda a miña gratitude e admiración.

Qué agradable ver, cando un está no estranxeiro a ZARA, e o resto de marcas que compón esta gran multinacional, tan ben situada. Todo un modelo de xestión, de calidade, de crecemento, de servizo ao cliente, de distribución e de confianza, isto soamente o consigue un visionario, intelixente e traballador como Amancio. Auténtico dinamizador de riqueza e ben estar, en todos aqueles territorios nos que está presente.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES