Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia ben vale unha Ofrenda

miércoles, 26 de julio de 2006
Parece que nada novo hai, en verdade, baixo o sol. E que quen goberna ten moitas veces que supeditar os seus desexos ós dos demáis, precisamente porque exerce funcións de representación colectiva e o seu comportamento non pode ser rexido polos seus gostos persoais.

Pasaron séculos desde que se pronunciou a frase de que “París ben vale unha misa”, pero o seu paralelismo hoxe é claro: Galicia ben vale unha ofrenda.

Galicia vale unha ofrenda que se fai diante do altar da catedral lucense, con motivo do Corpus, como resto da ceremonia anual das sete capitais do antigo Reino de Galicia. E Galicia ben vale unha ofrenda cando cada vintecinco de xullo, día do Patrón, Día de Galicia, Día nacional de Galicia ou como se queira determinar, se fai Ofrenda no altar maior da Catedral de Santiago, non porque tódolos oferentes nin tódolos asistentes comulguen co que alí se di, senón porque maioritariamente o pobo galego ten esa querencia e devoción.

Agora que o Bloque nos tiña convencidos a tódolos galegos non só de que non teñen rabo e cornos, que eso hai moito tempo que o teñen demostrado, senón que saben dialogar, pactar e gobernar, e acomodarse ós usos e costumes desta terra, a parte do goberno galego que corresponde ó B.N.G. non asiste á Ofrenda ó Apóstolo no para eles Día da Patria Galega.

Pode ser que xa sexa moita apertura hacia o centro a do Bloque gobernante, e haxa que facer un xesto cara ó electorado máis concienciado. Pode ser.

Pero poden contentar ós seus electores, que a fin de contas son os que máis lles interesan, pero están perdendo puntos en relación co electorado xeral que se fixa e moito na campechanía de Quintana, no dinamismo de Fernando Blanco, no labor calado de Ánxela Bugallo e no realismo rural de Suárez Canal.

E non hai que esquecer – non deben – que o B.N.G. se está a xogar moito nesta etapa de cogoberno de Galicia, para que o Psoe non leve toda a sona do labor feito, como xa ten pasado.

Galicia ben vale unha ofrenda. Contentar ós propios pode ter consecuencias non desexadas no xeral do País.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES