Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verbas de cómico

miércoles, 28 de octubre de 2015
Hai un tempo Buenafuente inventou un xogo chamado Words que consiste en relacionar palabras. O problema é que só el di se a relación existe ou non. Cómpre dicir que esta relación non pode ser obvia senón orixinal e case única porque as relacións de palabras que Buenafuente considera “perfectwords” quedan excluídas do xogo para sempre.

Non sei o que se sentirá ao inventar un xogo pero paréceme interesantísimo para adquirir e ampliar vocabulario traballando, ademais, a habilidade mental de relacionar conceptos.

Xogar a Words obríganos a situarnos no universo das verbas e localizar entre elas a relación máis orixinal, única, unha relación que ninguén máis fará nunca e, ao igual que o dos números, o universo das verbas é infindo en todos os idiomas. De nenos, nas viaxes longas sempre xogábamos a aquilo de “palabras encadeadas”; agora, Buenafuente vai máis alá e convídanos a dominar o vocabulario e xogar con el con axilidade.

Non sei se me atrevo a establecer aquí relacións entre palabras porque chegar a un “perfect” é complicado pero de certo creo que é interesante para todos aqueles que traballamos coas verbas orais e escritas xogar con elas ata familiarizarnos nunha convivencia intrínseca que as faga imprescindibles na nosa vida. Entón, temos que procurar a habilidade de deconstruír para xerar orixinalidade.

Se nun Words me puxeran as verbas Buenafuente ou Berto diría comunicador e creatividade pero ben sei que non sería un perfect; quizais, son demasiado novo para conseguir un perfect...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES