Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Solicitude de información

miércoles, 21 de octubre de 2015
Eu Iago Santalla cun DNI que non vén ao caso pero que certifica a miña existencia oficialmente.
EXPOÑO
Que actualmente estou en posesión do título de Diplomado en Educación Social, Máster en Servizos Culturais e Coach pendente de tramitar o título de doutor mais aínda non teño ningún título profesional que poña "Parálise Cerebral" nin "paralítico cerebral" xa que coidaba que esta era unha condición física como outra calquera que non ten que ver co Currículum Vítae. En troques, vendo que este é o título que máis me adxudican publicamente
SOLICITO
información sobre os contidos que debo cursar para obter oficialmente tal título, xa que sempre fun escrupuloso na elaboración do meu currículum e non quixera ser acusado de falsificación ou inflación curricular por causa do devandito título.

Agradecendo por adiantado a información solicitada despídome atentamente.
Iago Santalla.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES