Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uned Senior visita Lugares Colombinos

martes, 20 de octubre de 2015
O Alumnado Sénior da UNED na Galicia Rural, ten moi claro que para aprender hai que “andar e ler”.
Por eso, ademais de acudir puntualmente ás clases que a UNED Sénior ten nas diferentes aulas expalladas polo rural galego; aproveita para viaxar e coñecer sitos de interese cultural e histórico para enriquece-los seus coñecementos.
Na primerira quincena do mes de outubro de 2015, aproveitou para coñece-los Lugares Colombinos e segui-las pegadas dos personaxes históricos que propiciaron o descubrimento do Novo Mundo.
Aproveitando que se hospedaba nun lugar próximo ós diferentes lugares dos feitos, en primeiro lugar dirixiuse á parte occidental do Parque de Uned Senior visita Lugares ColombinosDoñana, facendo unha visita panorámica do mesmo antes de dirixirse ó Pazo de Acedrón.

Alí custódianse abundantes elementos etnográficos que nos “falan” da riqueza que albergan as 100.000 hectáreas do Parque espallado polas provincias de Sevilla, Cádiz e Huelva.
Estando alí, non podía esquecerse a Aldea do Rocío, onde disfrutamos visitando o santuario e ver “in situ” como uns romeiros amantes da Virxe lle facían a súa ofrenda.

Puidemos comprobar como a “Famosa reixa” é ben diferente do efecto óptico que nos ofrecen as imaxes televisivas cando ten lugar a famosa romaría.
Non cabe dúbida que a televisión ten trucos espectaculares, porque ten moi bos profesionais.

Cruzando a ponte internacional sobre o río Guadiana, adentrámonos no país veciño, contemplando as súa paisaxes con abundantes productos de tipo mediterráneo e gando ovino, capriño e cabalar; para dirixírmonos en primeiro lugar á súa capital.
Faro é unha cidade amurallada de 60.000 habitantes con una catedral que foi fortalza, boas terrazas e sabrosos pasteis que ve perturbada a súa paz polo balbordo constante dos avións que cruzan o seu ceo limpo e transparente con moita frecuencia.

Seguindo a rota do Infante Don Henrique; -nos libros de historia, apodado “O Navegante”-, aínda que as crónicas din que nevagou pouco porque se mareaba.
Pero o certo é que; naqueles tempos nos que se pensaba que a terra era plana e remataba onde a vista alcanzaba, é dicir: “no cabo de San Vicente”; a imaxinación e o valor que lle botaron as persoas que propiciaron semellante “aventura” é digna de encomio.
Xa sabemos que cando se producen invasións, hai vencedores e vencidos e que a historia sempre a escriben os que vencen.
Pero aínda así, hoxe a linga e a cultura españolas estás moi espalladas polo mundo, grazas en boa media a estes feitos.

Este infante e almirante, Don Henrique, foi un gran impulsor da navegación e dos descubrimentos para o seu país.
Pero tamén colaborou con España.
En Sagres convertíu a fortaleza en Escola Teórica de Navegación; pero as práctica facíanse na súa vila natal: Lagos. En Lagos puidemos visita-la Praza do Infante, onde ten un monumento a Don Henrique.
Rodean a Praza, entre outros: unha preciosa igrexa adicada a Santa María e un triste pero real recordo daqueles brillantes tempos: O primeiro Mercado de Escravos de Europa.
Un pouco apartada están a igrexa Santo Antonio e o Museo.
Uned Senior visita Lugares ColombinosLagos é una vila con moito realengo, respírse un ambiente moi distinguido e moita relixisidade nos seus habitantes como pudemos observar os que tivemos ocasión de participar na misa que naqueles momentos se celebraba en Santa María.

Con todo, o Infante cambiou a Escola de Navegación a Lisboa, quedando derruida polo terremoto de do día de tódolos santos do ano 1755; sendo a súa intensidade de 8,5 graos e a súa duración de seis minutos; pero María I de Portugal, mandouna reconstruir. Nós puidémola visitar e ve-la súa magnitude..

De volta para “Espanha”, xantamos en Portimao, unha vila moi turística que se atopaba desértica porque o turismo estaba en Albufeira, vila costeira ateigada de turistas, terrazas e tendas.
Para segui-la 'rota dos descubridores', ó día seguinte trasladámonos a Sevilla, ata onde o Guadalquivir navegable facía posible o traslado das riquezas descubertas no novo mundo á Coroa Española.
En Sevilla fixemos unha visita panorámica na que a nosa guía-acompañente nos ía explicando aspectos arquitectónicos e históricos, relacionados coa Exposición do ano 1929 e a súa relación cos países descubertos.
A intensa choiva impediunos completa-la vista, pero sabemos que ten edificios emblemáticos como:
-A súa Catedral que é a máis grande de estilo gótico de Europa; construída sobre una mezquita árabe.
A Xiralda, unha torre almohade que era utilizada por Alfonso X “O Sabio” para observa-las estrelas que foi cristainizada co xiraldillo no século XVI.
- Os Reales Alcázares onde teñen lugar contecementos de moita importancia.
- E o Arquivo de Indias.
Pero o que de ninguna maneira podíamos esquecer eran os Lugares colombinos, situados en Palos de la Frontera, que actualmente esta asociado con Moguer, terra de Juan Ramón Jiménez, o autor daque burriño tan manso e tan dóce chamado “Platero”:
- O Mosteiro da Rábida, convento franciscano, onde se atopaba o confesor da Raíña Sabela: frei Juan Pérez que tivo moito que ver co feito de apoiar a Cristobo Colón (¿galego ou veneciano?) para emprender unha viaxe de tanta envergadura naqueles tempos.
Neste mosteiro pernoctaba Cristobo cando estaba en terra e deixaba ó seu fillo primoxénito “Diego” cando partía de viaxe.
- A igrexa de San Xurxo, onde Cristobo asinou as capitulacións polas que se comprometía a reservar para el o dez por cento do que conquistara.
- A fonte da Fontanilla (hoxe seca) de onde levaron a auga para o camiño os conquitadores.

Co gallo da EXPO de 1992 en Sevilla, levouse acabo a reconstrucción das Carabelas: Pinta, Niña e Santa María (a galega); que na actualidade están braradas nun porto artificial nas proximidades do Mosteiro da Rábida, para que poidan ser visitadas polo público.

O alumnado Sénior da Galicia Rural, disfrutou moito vistando as diferentes dependencias da Carabela Santa María, a galega e a maior de todas: unha reproducción exacta da que viaxou Cristobo, onde tiña o seu pequeno despacho e onde botaría moitas contas antes do gran descubrimento.
Completamos a visita cunha proxección e una exposición moi interesantes.
Aínda que foi una viaxe eminentemente cultural, tamén visitamos lugares como Ayamonte (España) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal), onde non puidemos resistirnos a comprar algo enxebre: toallas, sabas de algodón exipcio, panos de cociña, etc...
A harmoinía, o bo humor, un excelente comportamento e un alto enriquecemento cultural foron as notas dominantes desta viaxe.
Moitas grazas a todas cantas persoas colaboraron para que esto fora posible.

Mercedes Cachaza Platas é Alumna da UNED Sénior na aula de Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES