Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 16 de octubre de 2015
Facer as voltas. Notábase a leguas que Mamede Monada facíalle as voltas a Talía Mitos. Estaban os dous sentados na terraza dunha cafetaría e os ollos del estaban pegados na cara dela, as palabras dela recibíaas el coa a boca tan aberta que ata baballaba coa emoción. Mamede Monada tiña 30 anos. Talía Mitos tamén tiña 30 anos. El tiña o pelo negro e ela tíñao platino. Ó mellor era pintado. Pero non o sabemos e non llo imos preguntar.

Mamede Monada quixo, así como quen non quere a cousa, tocarlle moi suavemente a man a Talía Mitos, pero no último momento tivo medo. Medo a recibir unha labazada. Nunca se sabe. Pero vaia se lle facía as voltas. Garatuxas ou aloumiños por aquí. Sorrisos por alá. Piropos como se os lanzara despistado. Palabras tenras. Olladas intensas. Mais Talía Mitos seguía ó seu, é dicir, a disimular que sabía o que el estaba a facer e a sorrirlle de cando en vez. A ver!, Talía Mitos tampouco era parva e sabía moi perfectamente que Mamede Monada estaba a facerlle as voltas. Pero como me toque leva unha hostia!... Quietos parados!; agora xa sabemos o que opina Talía Mitos. Deixemos entón a Mamede Monada que siga soñando.

PECADOS VENIAIS E MORTAIS

Imos ver. O que? Ah, non sei. Foi o que lle escoitei a unha por teléfono. A xente, cando se cabrea, berra. Esa muller debe estar cabreada porque berra abondo. Quíxose explicar e dixo: “Imos ver”. Pero calou. Agora mesmo está dicindo que “estanme dando unha patada nos güevos e...”. É mentira, claro. Ela non ten güevos. Ó mellor tenos na casa, gardados na neveira. Serán de pita, claro. Porque ela non ten güevos. Pois si que está cabreada, xa que non podo reproducir aquí as súas frases. Pola linguaxe que usa: en cada palabra, zas, unha bocalada. E hai de todo; pecados veniais e, principalmente, pecados mortais.

Ó mellor a xente de agora xa non sabe a diferenza entre pecados veniais e mortais. Antigamente levábase moito iso. E non che era o mesmo, non. Os veniais aínda llos confesabas ó cura. Con apuros, pero confesábasllos. Os mortais, ai os mortais; xa eran palabras maiores. Tanto que se atragoaban. Tanto que case cometías outro: o de mentirlle ó cura. Ave María Purísima. Sen pecado concibida. A ver, que pecados tes. Os típicos: carallo, cona, non obedecer ó pais, mentir un chisquiño, e nada máis. Pero os mortais... nin o primeiro. Que vergonza, por Deus!. Ale, tres Ave Marías e tres Nosospais.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES