Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

70 anos e un día

miércoles, 19 de julio de 2006
Durante corenta anos, os xornais españoles, cada dezaoito de xullo, aniversario da data infausta do comezo da Guerra Civil, tiñan a obriga de publicar na primeira páxina un comentario editorial ou nota laudatoria da efeméride, lembrando o momento en que en España “comezou a amencer”. Que ese mesmo día (E o un de outubro, día do Caudillo) se celebrase en cada Goberno Civil solemne recepción para que as forzas vivas e os funcionarios desen o cabezazo de rigor é hogano só unha anécdota.

Desde 1975, cada dezaoito de xullo é de rigor lembrar a data na que os que nos antecederon – os nosos devanceiros – comezaron a morrer por España. Dos dous lados.

O cumpreanos de 2006 é especial: Setenta anos, que se corresponden con setenta e cinco da proclamación da II República, trinta de democracia, vinteoito de Constitución e vintecinco do Estatuto.

E hoxe, setenta anos e un día. Fóra do rigor da conmemoración pero plenamente vixente. No ano da Memoria, na que os galegos, que a inmensa maioría non vivimos aqueles tempos, imos descubrindo anaco a anaco verdades e feitos que ocorreron naquel infausto mes de xullo, e no inmediato agosto, e en todo o que veu despois.

Un barco recorre as costas galegas lembrando os que se foron polo mar e os que caeron no mar. As cunetas seguen lembrando ós que caeron nelas mortos de morte matada. Aínda “aramos – Lorenzo Varela dixit – sobre os mortos desta terra,/ e o noso pan ten un sabor de osos, familiares, irmáns”.

Setenta anos e un día. Tanto tempo na distancia, pero tanto aínda sen coñecer. Non podemos nin debemos ter medo ó coñecemento. Debemos coñecer todo para poder dicir, con toda a razón, “Nunca máis”. Pero sabendo, porque a efectos de historia, de coñecemento, de comprensión, setenta anos non son nada. Apenas un día, ou unha mala noite. É o tempo da Memoria, de coñecer para camiñar máis firmes –como dí o libro de Xesús Rábade Paredes – “Xuntos cara ó mañán”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES