Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia merece un mellor papel en España

martes, 18 de julio de 2006
Non seremos nós os que tomemos o texto dun discurso ó pe da letra, aínda que o lea o Rei. Está moi claro que calquera autoridade, e do Rei abaixo todos, le ó dictado do político ou do amanuense que corresponda, e o texto que se le é o que máis convén para cada lugar.

Esto é: Os discursos, normalmente, están feitos para gustar ós que os escoitan, á medida dos que escoitan, dicindo o que se supón que os presentes queren escoitar.

De tódolos xeitos, chama a atención nas palabras do Rei eso de que Galicia está chamada a xogar un papel máis importante na España que entre todos construímos. E chama a atención porque eso é o que cremos todos, pero moitos son os chamados –entreles Galicia – e os escollidos sempre son menos.

Galicia merece mellor papel no conxunto das Españas.

Eso, a pesar de que temos o papel de nacionalidade histórica, con Catalunya e o País Basco, o que supón unha autonomía “de primeira”, se é que hai clases de autonomías. Tivemos o papel de subministradora de man de obra para a emigración, e para as rexións – daquela- máis desenvolvidas do Estado español, e aínda hoxe non somos precisamente país de destino masivo de inmigrantes. Producimos enerxía sen que aínda sexamos consumidores na medida que debera correspondernos. Somos destino de turismo socio-relixioso e cultural con perigo de masificación que se traduza en invasión constructora das nosas zonas costeiras.

¿Cal vai ser ese papel máis importante?. Posiblemente sexa só unha frase que quedou ben no discurso, pero a frase góstanos, e compracerianos pensar que pode ser realidade.

Temos, dixo a S.M., tódalas condicións para convertirnos nunha “terra de oportunidades”, suponse que para os de dentro primeiro e para os que veñan de fóra despois.

E nesto que o Presidente Touriño comprometeuse a promove-lo desenvolvemento das zonas menos favorecidas de Galicia, e impedir a existencia da Galicia das dúas velocidades.

Queremos que as palabras do Rei se cumpran. Pero máis aínda as de Touriño, porque se Galicia progresa, e non hai dúas Galicias como agora, Galicia terá un excelente papel neste mundo. Case non hai nada máis ó que aspirar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES