Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un tanto por cento ridículo

lunes, 12 de octubre de 2015
Xa estamos outra vez nela. Na guerra, claro.. Xa case é lei de vida. Hai que facer negocios vendendo armas. Rusia xa está atacando a uns. A OTAN quere e vai atacar a outros. Pobre Siria! Como non vai haber entón refuxiados! Ten que habelos. Porque en todas as guerras os máis fodidos sempre serán os inocentes, os indefensos. A vida, aínda que sexa poucas veces, é tan bonita que é normal que todos a queiramos vivir. Os sirios tamén.

Enténdese que queiran fuxir dos bombardeos, do cruce de balas, das ideas retrógradas, dos sentires relixiosos. Éche o demo; os sirios seguro que son todos medio talibáns ou medio árabes, e que máis dá, o caso é bombardear, gastar armamento para seguir facendo negocio con el. Total, poden ser dous ou tres mísiles os que se desvíen do obxectivo e qué se lle vai facer… xa se sabe, os danos colaterais. De centos que se deixarán caer sobre territorio sirio (por onde queda Siria?; ufff, demasiado lonxe do noso mundo civilizado), aínda que se desvíen tres ou catro, xa se ve que é unha proporción moi pequeniña, un tanto por cento ridículo.

Que son uns miles de mortos sirios! Uns serán talibáns e outros serán “moros”. A perda é pouca. Si, algo de pena por algún neno, pero, mira, así de maior non é talibán. Este recuncho semella unha broma. Pero non che é broma ningunha. Éche unha guerra na que se dirime tan só unha cousa: a morte de inocentes, dos indefensos, dos desamparados, dos desvalidos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES