Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corcoesto: a caducidade da avaricia

miércoles, 14 de octubre de 2015
A Xunta vén de darlle o carpetazo definitivo ao proxecto da megaminería decretando a caducidade das concesións para a explotación de minas en distintos pobos do territorio galego. Así pois, o macroproxecto de Edgewater para Galicia tórnase inviable coa correspondente retirada da empresa. Administrativamente, non teñen nada que facer pero, agora, ábrese unha vía xudicial que, sen dúbida, van a utilizar.

Aínda que estamos ante unha vitoria de todas as persoas que creemos nunha Galicia sustentable a longo prazo e con recursos naturais herdables como riqueza para as xeracións vindeiras, coido que esta vitoria ten o sabor amargo de saber que o conflito entre a Xunta e Edgewater foi meramente administrativo. É dicir, grazas a defectos de forma e discrepancias de pareceres, Galicia líbrase polo momento da megaminería. Non en tanto, non existe unha conciencia política e social de que a destrución dunha zona para a extracción de ouro sería un erro histórico, irreparable e totalmente insostible.

Temos que ser moi conscientes de que a loita continúa e que a mobilización ten que seguir sumando conciencias contra a megaminería que ten máis intereses en Galicia. Necesitamos medrar, xerar emprego, xerar benestar pero o crecemento, o emprego e o benestar non poden ser pan para hoxe e fame para mañá. Non podemos firmar na saída da crise as hipotecas do futuro xa que sería viaxar nunha burbulla cara a unha nova recensión. Temos recursos de sobra para facer unha sociedade na que o benestar e a inclusión de cada ser humano sexa a bandeira unitaria. O único que nos pode cegar á hora de acadar esa sociedade é a propia avaricia. Avaricia xera falsas visións de benestar con promesas que, no suposto de que cheguen a facerse realidade sempre serán caducas e nos farán retornar ao punto de partida.

Por iso, hoxe celebro a derrota da avaricia porque é a vitoria do porvir, un porvir que ten no potencial endóxeno desta terra o futuro máis ventureiro. Oxalá nunca máis nos suba a febre do ouro ou se sobe, que a medicina teña paracetamoles efectivos para combatela pero, a quen lle volva subir que pense, polo menos un xeito de explotar nós os nosos propios recursos e non entregalos a empresas foráneas ás que esta terra non lles importa nada.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES