Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iago Santalla, a fonte diáfana

jueves, 08 de octubre de 2015
O 28 de setembro pasado tiven a inmensa ledicia de recibir un gran agasallo na facultade de Humanidades da USC no campus de Lugo. Quen nos agasallou ós moitos e moitas que o acompañamos e gozamos cos contidos e exposición da súa tese doutoral, única e irrepetible, foi Iago Santalla.

Os que visitades Galicia Dixital podedes coñecer polas súas colaboracións periódicas as súas capacidades intelectuais e intuir as afectivas; pero só os que temos recibido unha aperta súa sentimos que quedamos prendidos del con biortos de irmandade sen límite.

Ós e ás que non o coñezan e poidan estar lendo isto quixera advertirlles que por favor non digan: pobriño, cando lles diga que Iago é portador con moito garbo dunha parálise cerebral irreversible desde o seu nacemento. Eu polo menos non ouso dicir tal cousa desde que un bendito día se encontraron os nosos camiños por primeira vez na cafetería da estación de autobses de Lugo. Xulio Xiz é testigo dese encontro, xa que el foi quen o propiciou por aquilo de que os seus amigos poidan ser tamén amigos entre si.

Pobriño de min –digo eu- cando penso en Iago. Nin deixo xurdir unha pizca de paternalismo nin de compaixón; senón máis ben de irmanamento nas dificultades, de admiración referencial nas adversidades e de gozoso compartir a alegría de vivir.

Debido á súa parálise cerbral non coordina ben os movimentos corporais e, non obstante, sabe moverse con harmonía e expresividade e a súa voz non lle dá andado á súa palabra e por iso mesmo, se por minuto lle agurgullan mil ideas que enxendran tres mil palabras, a voz non lle permite parir máis ca medio cento. Sorte prós que o escoitamos, porque así podemos ir asimilando o que nos di. Se a voz fose ó ritmo das palabras, eu polo menos, sería incapaz de seguilo.

A súa tese ven a ser algo así como a reflexión profunda sobre a súa teoría do “Ilímite de pensarse libre” (Tíduo do seu libro). Esa profunda reflexión ben organizada e elevada á categoría de tese doutoral maxistralmente dirixida, eleva tamén a categaría universal educaiva as vivencias de Iago: Como foi asumindo as súas limitacións ata esnaquizarlles os límites despois de remoelas no insomnio da noite e na luz do medio día; e como calquera educador debe axudar a calquera educando a aceptarse, autoestimarse, ser crítico (non criticón), esnaquizar límites que entangarañan desde dentro dun mesmo os impostos polo entorno de fóra.

Perdoa, Iago, a ousadía de pretender meter, en menos de seis liñas unha tese doutoral de 33 anos. Déixoche os teus dous primeiros anos de folga, pero os outros foron a fonte da que bebiches. Por iso, amigo, me cabrerei por causa dun membro ou membra do tribunal, que ti elegantemente desculpaches cando vin que quería presumir de erudita preguntándoche por “otras fuentes” de inspiración e botándoche en cara que non citases e este persoeiro ou o de máis alá que escribiron sobre non sei que cousas. A fonte es ti! E non hai persoeiro, por sabio que se crea, que no referente a reflexionar sobre o ilímite de superar barreiras físicas ou mentais poida considerarse fonte de auga máis diáfana.

Moitas grazas Iago. Coñecerte, quererte e sentirme querido por ti foi unha das mellores leccións da miña vida. Deus me dea folgos pra aprendela ben apresa e poder merecer un sobresaínte cum laude como mereciches ti, porque non hai nota máis alta.

Noraboa á directora da túa tese. Xa dixo ela que facelo fóra unha gozada. Prometo seguir aprendendo de ti e invito a outros válidos e non válidos a aprender tamén.

Se rematase así merecería que alguén me cuspise á cara. O concepto de válido e non válido refírese á utilidades mercantilistas. As persoas valóranse pola súa dignidade non taxada en cartos e quen non o faga así non merece ser persoa, que queime os cartos e beba a cinza.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES