Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chantaxe no aire

miércoles, 12 de julio de 2006
Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores están en contra da folga que plantea un sindicato tan esclusivo como o dos Pilotos de Lineas Aéreas, que ten en vilo non só a Iberia senón ós milleiros de persoas que estes días viaxan por necesidade ou vacacións.

Quen non coñeza o motivo, sabendo que empeza o verán, terá que preguntarse por que protestan esta vez eses especiais traballadores que, se arriscan a súa vida a diario nun traballo difícil e de grande responsabilidade, nós poñemos as nosas vidas nas súas mans agardando que o seu traballo cotián sexa infinitamente máis responsable que o seu comportamento social.

De que protestan este verán?. Pois protestan porque Iberia – forzada polo dinamismo do mercado- creou unha compañía de voos de baixo custo, e coidan poden peligrar os seus altos beneficios e elevado status. Por eso esixen un aval que garanta economicamente que os seus soldos e situación non van sufrir merma ata o momento da súa xubilación. E Iberia non está polo labor.

Pero quen sofre non é Ibería. Son – nós, fixámonos en Galicia – os centos de viaxeiros galegos que ven anulados ou retrasados os seus voos, alteradas as súas viaxes, quizais mercadas con tódalas dificultades do mundo. Os folguistas do Sepla xogan cada verán con algo tan importante como o noso ritmo vital, os nosos plans, as nosas viaxes.

Poucos traballadores hai con tal poder de presión. Poucos traballadores hai que o exerzan con tal facilidade e frecuencia. E é tan exclusiva a súa función, tal imposibilidade a da súa substitución, que parece chantaxe o que este grupo exerce un ano tras outro.

A ben seguro, impórtalles ben pouco a consideración popular. Se esta estimación lles interesase poderían comprobar o nivel de “agarimo” que desperta unha profesión como outra calquera que as compañías se ven forzadas a mimar pola dependencia que por agora teñen duns profesionais que haberá que multiplicar e simultaneamente situar economicamente no seu xusto punto.

A chantaxe é anual. As viaxes en avión, no comezo do verán, están sempre “no aire”. Fan falla máis pilotos. E máis responsables.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES