Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non podo ir a Cantabria

miércoles, 30 de septiembre de 2015
Utilizou un imperativo en primeira persoa do plural. Alguén que coñece coma poucos dende a súa atalaia de catedrático de Historia Contemporánea e de investigador da sociedade inmediatamente anterior á da nosa procedencia como galegos do século XXI, contestou á pregunta do xornalista relativa a se algún día volveremos coidar do rural con un "debemos..." que -válgame a redundancia- deberían gravar na fronte, coma a estrela de Curros, todos aqueles que día si e día tamén entran e saen pola porta do Pazo do Hórreo, así como aqueloutros que o fan polas moitas que ten San Caetano, sen esquecer, por suposto, ós que acoden ós catro pazos provinciais, alén das 314 casas consistoriais que se esparexen polo mapa de Galicia.

Apúntao con criterio de pensador e autóritas de catedrático, o actual presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, nunha substanciosa entrevista publicada nantronte por este mesmo xornal, que debería ser lectura obrigada para concelleiros e alcaldes de aquí e de acolá, de goberno e de oposición, do PP, do PSOE e do BNG, sen esquecer loxicamente ós independentes ou de Anova, que non sei se os hai.

Digo isto porque nela verte unhas cantas verdades de principios coma puños, que uns e outros deberían interiorizar se é que realmente se presentaron para traballaren polo futuro do seu pobo ou do seu municipio e non para máis honra do seu partido, cuxos intereses adoitan poñer logo por diante das importantes decisións municipais, non vaia ser que lles dean unha arma arreboladora á oposición ou un regalo á alcaldía que o poida perpetuar na gobernación.

Debemos! Claro que debemos volver mirar ó rural. Eu levo predicando tal no deserto (entre outras cousas, porque carezo da autoridade de opinión que pola contra atesoura Ramón Villares) non sei cantos anos. E non me cansarei de facelo ata que as teclas do ordenador perdan, por desgaste, o nome das letras que me permiten escribir con dilixencia.

Debemos! Porque sen rural non existe amalgama capaz de estructurar unha sociedade socioloxicamente ordenada e economicamente desenvolvida.

E poño por caso unha mostra. Teño escrito aquí con certa frecuencia sobre algunhas singularidades de Cantabria porque me achego con certa frecuencia a ela. Sen embargo, dende un tempo a esta parte non podo viaxar alí sen que se me revolvan as entrañas.

Vaia por onde vaia -vales e aldeas, lugares turísticos ou vilas industrializadas-, cada vez que miro para os lados da estrada sáenme ó paso fermosas vacas "rubias" como as que vin a centos na miña infancia e que agora moran emigradas nas empinadas abas montañesas, seguindo o mesmo triste camiño da diáspora cós donos que as súas tataravoas "barrosas" tiveron un día.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES