Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A praza de rubí

lunes, 28 de septiembre de 2015
Na miña vila hai unha praza que dende ben mediados os anos 80 leva o nome de Rubí.

Hoxe, supoño que a maioría dos que a cotío camiñan ou estacionan nela non creo que se preocupen moito sobre cal e a orixe da súa denominación, pero durante un tempo (dous ou tres anos despois de ser "bautizada") a emisión dunha telenovela que se titulaba precisamente como a praza e que a quen lle daba realmente o nome era á fermosa protagonista da historia, fixo que moita xente chegase a pensar que o motivo de tal denominación viñera precedido da gran popularidade daquela trama interminable que baleiraba polas tardes as rúas do país.

Por fortuna, a razón de tal imposición nominativa non tivo absolutamente nada que ver coa fermosa protagonista venezolana, por máis que tampouco tería sido insólito que a actriz tivese antecedentes de por aquí, dado o gran número de emigrantes que daquela estaban en máxima capacidade de producción económica naquel país, cando un bolívar valía 25 pesetas.

A razón é un pouco máis prosaica, se cabe -ou menos de "salsa rosa", dito con outra orientación- e ten que ver co achegamento que no ano 1985 tiveron o Concello de Celanova e o seu homónimo de Rubí, gracias a un concelleiro de cultura daquela localidade (do que lamento seriamente non lembrar o nome, malia que gardo con agarimo algún libro seu na miña casa, porque ademais de concelleiro do PSUC era poeta e un bo poeta, debo dicir de paso), que recibiu con sensibilidade a proposta que aquel ano lle fixeron os responsables da Irmandade Galega de Rubí, de que lle puxera o nome de Celso Emilio Ferreiro a unha praza na que aínda hoxe se conserva gravado en pedra un fragmento da súa "Longa noite de pedra".

En resposta a aquela consideración rubinense, dous anos despois o Concello de Celanova decidiu chamarlle a esa praza, situada a carón da alameda da miña vila, o nome da industrial poboación catalá, momento dende o cal Celanova e Rubí manteñen lazos de irmandade, por máis que finalmente eses lazos nunca foran sustanciados nun documento oficial.

Vaia, na véspera de tan importante xornada -non só para Rubí, senón tamén para Celanova- o meu saúdo na distancia e os meus desexos de que despois de tanta treboada as augas se volvan calmas a partir de mañá.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES