Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lagoas que tamén secan

lunes, 28 de septiembre de 2015
Vai o demo co rabo entre as pernas e un sapoconcho cabalga por entre os xuncos do Río Vello. Colga o anzol da folla dun amieiro porque alguén engarrou alí os recordos dun tempo negro. Non sempre a felicidade aboia nun barquiño de papel; naqueles barquiños de papel que botabamos polas caldeiras dos lameiros dos Lamas, alá pola ponte do Medo ou das Cabras.

Quere o demo ir por entre as cascas dun carballo, pero a flor do toxo brilla por entre os penedos de Barricobos. Hai lagoas na mente humana que tamén secan; aínda que as treboadas asomen todo o inverno. Cada quen que lance un suspiro e que todos os gatos pardos miañen nas noites escuras de Baños de Molgas.

Cada paso que leva á burga é un recordo compartido. Ou non. Pero sigue sendo recordo. Vai un cego pola carreira da Lama, tropeza e di: “é un atranco”. Pero sigue o seu camiño. Ata o demo, ás veces, se atopa con obstáculos insalvables; polo que ten que meter o rabo entre as pernas, rosmar e marchar. Algunhas veces o silencio amouca ó ruído. Tan só Sabina describe ben o ruído.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES