Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saudade e outras historias

lunes, 28 de septiembre de 2015
Aló polo mes de maio do presente ano, chegounos a noticia de que cesaba, como Directora da UNED na Coruña, a nosa benquerida e primeira directora, Dona Susana Blanco Miguélez, quen –con moito esforzo, moito tesón e moitas horas de dedicación- conseguíu conquista-los nosos corazonciños, botando a andar a UNED Sénior na Galicia Rural o ano 2.008.

Todo o Alumnado viu como se lle encollía o corazón polo que puidera pasar no futuro.
¿Por qué se encolleu o corazón do Alumnado Sénior da UNED na Galicia Rural?
¿Por que, sendo un colectivo tan experimentado e tan curtido?
Por moitas razóns.

Salientaremos algunhas:
-Porque, nel había unha ansia agachada de aprender neste momento o que non puidera aprender en tempos pasados.
-Porque, a UNED Sénior da Galicia Rural xa fixera mella no ser interno deste Alumnado de idade cronolóxica avanzada; pero psicoloxicamente moi rexuvenecida.
-Porque, entre o grupo xa se crearan lazos de relación moi fortes.
-Porque, este Alumnado tan peculiar sabe a importancia que este proxecto leva consigo a nivel persoal, familiar, social, sanitario, económico, cultural, afectivo…etc, etc...

-E…
¿Por que..?
¿Por que...?
¿Por que non dicilo?
Porque o noso Coordinador –creador de tan xenial idea- soubo e sabe facer moi ben o seu labor e tennos a todos metido no “bote”. No bote da UNED Sénior, quixen dicir.
O noso Don Luis, é moito Don Luis.

Unha persoa que non deixa indiferente a ninguén, pero para o Alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural, é sencillamente:
¡“DO QUE NON HAI”!

O día 19 de xuño, co gallo da Entrega de Diplomas na sé da UNED na Coruña, despedimos con moita emoción á nosa benquerida Susana e soubemos o nome do novo directorda UNED:
D. GERMÁN CARRO FERNÁNDEZ, quen daquela andaba por Madrid e quen hoxe nos honra coa súa presenza, aquí en PADERNE.
¡Benvido, Don Germán!
¡Benvido e ben recibido!

Este colectivo, aquí presente, en representaciónm de todo o Alumnado da UNED Sénior na Galicia Rural, móstralle os seus repetos e o seu agradecemento, por acoller este proxecto e pola súa presenza, hoxe entre nós.

É moi gratificante saber que o novo Director nos acolle cordialmente nunha das aulas que a UNED Sénior, ten espalladas polo territorio galego.

Hoxe, tocoulle a PADERNE, un auténtico “Paraíso entre Ríos” situado nas Mariñas Coruñesas.
Agardamos velo por aquí máis veces.
¡Será, un pracer!

Pero non nos reunimos tan só para expresa-lo anteriormente exposto.
Reunímonos, tamén, por outras moitas razóns, entre elas:
-Para ensaiar algo a actuación da inauguración do curso 2015-16 que terá lugar o vindeiro día 1 de outubro, en Guitiriz, xa na provincia de Lugo e ó mesmo tempo “darle unha pouca guerra”, ó noso excelente Profesor de música:
Don Francisco Javier García Canto.

O noso benquerido:
”FRAN”
“FRAN CON LETRAS MAIÚSCULAS”

Tamén temos unha aula en Pontevedra, outra en Lugo; e preguntámomos:
¿Que fai Ourense?
¡Contamos contigo; Ourense!

- Para ve-las caras do noso Coordinador, a dos nosos Profesores e as nosas Autoridades, ós que facía que non víamos.

- Para recibir bicos e apertas, celebrando a amistade que se forxou a través da UNED Sénior entre persoas de diferentes concellos, diferentes provincias e diferentes bispados.
Pero, eso sí: “TODOS SOMOS UN”

- Para solidarizármonos con tantas e tantas mulleres de diferentes partes de mundo mundial que sofren unha das lacras máis antigas da Humanidade como é a trata de brancas e a prostitución indesexada.

- Para poñer en coñecemento de quen corresponda desta vergonza tan grande que denigra a dignidade humana.

- Para que, cantas persoas se dedican a este suxo e inhumano negocio, poñan unha man no corazón e reconduzan a situación:

¿Gustaríalles que fixeran outro tanto coas súas nais, coas súas irmás ou coas súas propias fillas?

¿Non sobran maneiras honradas para gañarse a vida?

¿Hai algo mellor que levar unha vida honrada?

¿De que nos serven tantos séculos e milenios de civilización?

¿Cómo pode consentirse esto nos tempos actuais?

Desde a UNED Sénior “Galicia Rural” dicimos:

¡BASTA! ¡ BASTA XA, DUNHA VEZ POR TODAS!

¡Queremos un trato digno e humano para tódalas persoas sexan do sexo, relixión, lingua ou lugar que sexan!
TODOS SOMOS SERES HUMANOS.

A UNED Sénior da Galicia Rural, solidarízase con todo tipo de sufrimento porque desexa para todos una vida feliz onde se poida respirar a paz, a alegría e a tranquilidade da que nós disfrutamos e queremos contaxiar e compartir.

¡Moitas grazas!

(MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da UNED Sénior da Galicia Rural en PADERNE
A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES