Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preocupación polos tipos de interese

viernes, 07 de julio de 2006
Proliferan os anuncios de entidades bancarias ou para-bancarias sobre hipotecas e tipos de interese, o que ven confirmar a existencia de preocupación por un tema que se coidaba solucionado.

En tempos, os intereses -hipotecarios ou non- eran de tal calibre que formaban parte da preocupación cotidiana de particulares ou empresarios, e era moi normal pagar os préstamos a un 12, 15 ou 18 por cento anual.

Paralelo a estes intereses desmesurados, estaban tamén impropiamente elevados os tipos de interese que se aboaban nas entidades bancarias polos depósitos a prazo, de xeito que resultaba moito máis rendible e seguro depositar os aforros con toda comodidade que arriscarlos nun investimento empresarial.

Reducidas razonablemente ámbalas dúas cifras, pasouse ó extremo contrario e os intereses, especialmente hipotecarios, baixaron a uns niveis que permitiron ou case obrigaron a investir desaforadamente na compra de vivendas co que se dinamizou o sector da construcción a uns niveis nunca agardados, nun proceso do que moitos agardan faga crisis pero segue a resistir malia as previsións dos agoreiros.

Tendo os intereses en niveis moi modestos, o sector da vivenda permítese incrementos de precios anuais de arredor dun quince por cento, incrementos que o mercado vai resistindo polo seu dinamismo, pero que van elevando paulatinamente os importes medios das hipotecas que están xa na actualidade en perto de 140.000 € (125.000 en Galicia).

E nesto que os intereses, pouco a pouco, pero sen pausa, están subindo. O Banco Central Europeo, seguindo a súa política de loita contra a inflación, sobe un cuarto de punto de cando en cando... o que vai elevando case imperceptiblemente pero sen pausa as cantidades que cada hipotecado debe aboar, provocando preocupación nun futuro non lonxano por como poidan vir dadas as circunstancias económicas.

Fortemente endebedados, resultado da fiebre inversora no sector da vivenda, estamos preparados para novas subidas pero temerosos da súa incidencia.

É ben sabido que non hai fórmulas máxicas para a economía, que a maior regla do mercado estriba precisamente no libre xogo dos diversos sectores, pero alguén debería tomarse en serio este tema e facerse oir por pura tranquilidade dos milleiros de galegos hipotecados que teñen sobre sí esa modernísima espada de Damocles dos tipos de interese.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES