Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non é por incordiar

miércoles, 23 de septiembre de 2015
Non é por incordiar porque, como teño escrito tantas outras veces, unha das miñas máximas é que cada quen pode facer do seu saio o que lle pete sempre e cando non lle faga dano a terceiros e, polo tanto, xa en relación coa reflexión que me move nesta columna, cada país pode fornecerse do sistema electoral que queira sempre e cando os seus electores e os seus políticos así o acorden en comandita e as regras sexan iguais, gañen uns e outros perdan e viceversa.

Ven a conto -este apurado limiar- do reparto resultante de deputados que lle forneceron ó país heleno os comicios electorais do pasado domingo, onde o recuperado líder do partido gobernante dende o pasado mes de xaneiro acaba de saír reforzado -digamos contra prognóstico- acadando case a maioría absoluta, cousa que lle vai permitir encarar cun pouco máis de tranquilidade a complicada travesía que se lle presenta de aquí ós próximos catro anos.

Pero ven a conto, non tanto polo fondo da cuestión -que non son eu quen de me meter en camisas de once varas para analizar a política grega-, canto pola forma na que acadou eses resultados próximos á maioría, saídos dunhas normas que os gregos levan aplicando non sei cantos anos e que, polo tanto, son tan lícitas cando as consigue el como cando as conseguían outros partidos políticos tradicionais que agora forman parte dunha película en segundo plano na xestión desta interminable "traxedia" grega.

Supoño que, como lector ben informado, a estas alturas xa sabe que o sistema electoral grego conta cunha singularidade respecto doutros sistemas electorais europeos. Isto é, que o partido que consegue maior número de votos, aínda que sexa por un só de diferencia, co fin de facilitar a formación de goberno, ademais dos deputados que lle tocan polo reparto proporcional, recibe -como din en Portugal, de "borla"- outros 50 deputados a máis, co cal se incrementa dun plumazo a diferencia entre o partido gañador e os que lle veñen a rebufo.

Volvo repetir, para que non se me mal entenda, que se a regra é para todos, é para todos e non hai máis.

Ora ben, dito isto, logo de escoitar unhas cantas opinións que inciden con insistencia no exemplo democrático que lle está dando Grecia ó resto de Europa por ter sabido reforzar a aquel que tratou de poñer en solfa a esa mesma Europa e dado que por baixo de moitas desas declaracións teño detectado un substrato de pretendida superioridade moral por parte de quen as emite respecto "dos de sempre", gustaríame facer un exercicio de translación dese sistema electoral a este Estado cada vez máis indefinido e ver qué opinarían ó respecto todos aqueles que hoxe inzan a bandeira democrática de Syriza. Probablemente arestora terían organizada xa unha sentada en "Ferraz" ou en "Génova".
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES