Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aproximación a un Inventario dos Santuarios da Terra Chá (II)

jueves, 06 de julio de 2006
Aproximacin a un Inventario dos Santuarios da Terra Ch (II) 1.- CONCELLO DE ABADÍN
A.- O santuario do S. Cosme
1.- Parroquia.- A Xesta. S. Martiño de Galgao.
2.- Festividade.- O 27 de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal. Protección da facenda familiar. Problemas humanos relacionados co paro, coa droga etc.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual de poñe-lo santo. O santo pono un fregués da parroquia e mailo o crego da mesma. A xaculatoria que emprega o crego é a seguinte: "O Señor bendícete, o Señor gárdate, mira para ti con amor e quere darche a súa paz. Que en comunión con S. Cosme e con tódolos santos non che poida a enfermidade e medres en sanidade de corpo e alma. Amén". 4.4.- A procesión, na que saen as imaxes do S. Cosme e a Virxe, percorre o perímetro do santuario. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, cirios pequenos, misas e algunha ofrenda en especie, a base de unllas de cochos, crins de cabalos e un pouco de trigo. 4.6.- Tamén ex-votos de cera que representan a corpos de animais: vacas e cochos, así como o corpo humano e algunhas das súas partes: mans, pernas, cabezas ... (13).

B.- O santuario do S. Antonio
1.- Parroquia.- Barrio do Outeiro. S. Pedro de Labrada.
2.- Festividade.- O 13 de Xuño.
3.- Peticións.- Doenzas de animais.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Antonio bendito che quite a enfermedad e che dea a sanidad polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén" 4.2.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.3.- Os devotos ofrecen misas, que o crego da parroquia oficia na capela. 4.4.- Esmola en metálico e algunha ofrenda en especie, a base de queixos, manteca e productos do cocho. A ofrenda en especie poxase ó rematar os oficios relixiosos. 4.5.- Algúns ex-votos, que representan figuras de animais (14).

C.- O santuario da Sta. Margarita
1.- Parroquia.- Sta. María de Vilarente.
2.- Festividade.- O terceiro domingo de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas humanas.
4.- Promesas.- 4.1.- Unha misa o sábado e dúas o domingo. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "Sta. Margarita che quite a enfermedad e che dea a sanidade polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén". 4.3.- Ritual da fonte. Beben a súa auga e lévana en botellas para as súas casas. Hai poucos anos algúns devotos aínda lavaban as doenzas dos seus corpos cuns panos mollados na auga, que logo deixaban a carón da fonte. 4.4.- A procesión percorre o campo e dá a volta ó Cristo. Algúns devotos van por baixo dan andas da Virxe. 4.5.- Ofrecen misas, esmola en metálico.


2.- CONCELLO DE BEGONTE

A.- O santuario da Virxe dos Milagres
1.- Parroquia.- Sta. María de Saavedra.
2.- Festividade.- 24 de maio.
3.- Peticións.- Doenzas humanas. Protección e saúde tanto para os acabados de nacer como para os que van nacer. Protección para aquelas persoas que van casar etc.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "La Virgen de los Milagros te conceda la salud del alma y la salud del cuerpo. Amén". 4.4.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, algúns ramos de flores, candeas normais e da súa mesma altura, misas. 4.6.- Tamén ex-votos de cera que simbolizan o corpo humano e algunhas das súas partes: pernas, mans, cabezas, peitos... 4.7.- Algúns ex-votos de cera que representan corpos de animais:vacas, cochos (15).

B.- O santuario do S. Benito de Palermo
1.- Parroquia.- S. Xoán de Valdomar.
2.- Festividade.- O 27 de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal. Protección da facenda familiar.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "Por tu corazón bendito, Santo del rostro moreno, de todo infernal veneno, líbranos, Santo bendito". 4.4.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.5.- Os devotos ofrecen misas, esmolas en metálico. 4.6.- Tamén ex-votos de cera que representan ó corpo humano, total ou parcialmente, así como a distintos animais: vacas, cochos. 4.7.- Hai poucos anos aínda había ofrenda en especie, que se poxaba ó domingo seguinte a festividade (16).

C.- O santuario do S. Vitorio
1.- Parroquia.- O Salvador de Damil.
2.- Festividade.- O segundo domingo de maio.
3.- Peticións.- Doenzas da pel -eccemas, espullas...- e por doenzas do gando bovino e porcino. Encomendación polo que ían facer o servicio militar.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S.Vitorio glorioso, por tu poder inmenso, ayuda a este devoto, en salud, alma y cuerpo. Amén". 4,2.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.3.- Ritual da fonte. Bastantes devotos lavan cuns panos mollados na auga da fonte as doenzas da pel. Logo déixanos colgados nos ramallos dunhas árbores (acivros, carballos). 4.3.- A procesión, na que saen as dúas imaxes do S. Vitorio, percorre o perímetro do santuario. 4.4.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, algúns ramos de flores. No ano 1999 esta romaxe foi recuperada polas asociacións culturais "Os Carrabouchos" e "As Brigadas en defensa do Patrimonio Chairego" (17).

D.- O santuario do S. Adrián e o S. Xulián
1.- Parroquia.- Carballido. S. Martiño de Pacios.
2.- Festividade.- O domingo seguinte ó xoves da Ascensión.
3.- Peticións.- Doenzas humanas relacionadas coa cabeza, con vultos, con dores nas extremidades inferiores.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de misas. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Xulián , S. Adrián bendito che dea a sanidade e che quite a enfermedad, polo poder que Dios ten, Amén". 4.3.- Ritual do coitelo do S. Adrián. 4.4.- Ritual do oco e da ventá cega. 4.5.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.6.- Os devotos ofrecen misas, esmola en metálico... (18).

E.- O santuario do S. Antonio
1.- Parroquia.- Denune. Santiago de Felmil.
2.- Festividade.- O domingo máis próximo ó 13 de xuño.
3.- Peticións.- Doenzas de animais. Protección da facenda familiar.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Antonio de Padua que o poder que con Dios ten o libre de tódolos males. Amén". 4.2.- Ó rematar a misa solemne, sae a procesión que percorre o perímetro do santuario. Saen as imaxes do S. Antonio e S. José. 4.3.- Os devotos ofrecen misas, esmola en metálico etc. Hai algúns santuarios que teñen menos afluencia de devotos nas freguesías de Carral e o Castro, dedicados a Sta. Lucía; en Uriz, dedicado á Virxe das Dores; en Gaibor, dedicado ó S. Andrés e finalmente en Ximarás (Cerdeiras), dedicado a Virxe da Natividade (19).

3.- CONCELLO DE COSPEITO

A.- O santuario da Virxe do Monte
1.- Parroquia.- Feira do Monte. S. Xoán de Sistayo.
2.- Festividade.- O 8 de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual de imposición cunha reliquia da Virxe. 4.3.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.4.- Ritual da Fonte.- No lugar chamado "O Carboeiro" hai a fonte da Virxe, onde antano os devotos lavaban as partes doentes dos seus corpos. 4.5.- Ritual da procesión. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico e misas. 4.6.- Hai anos ofrecían ex-votos de cera.
No santuario do S. Paio dos Redos, pertencente a parroquia de S. Xoán de Sistayo, un dos rituais máis relevantes é o da confraría, que tódolos anos nomea novos confrades (20).

B.- O santuario do S. Urbano
1.- Parroquia.- S. Xurxo de Goá.
2.- Festividade.- O 13 de xuño.
3.- Peticións.- Doenzas de animais.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. 4.3.- Ritual da circunvalación. 4.4.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.5.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.6.- Os devotos ofrecen esmola en metálico e misas; tamén ex-votos de cera que representan a corpos de animais: vacas, cochos... (21).

C.- O santuario da Virxe das Ermitas
1.- Parroquia.- S. Xurxo de Goá.
2.- Festividade.- O derradeiro domingo de agosto.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. 4.3.- Ritual da circunvalación. 4.4.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas...
Na parroquia de Sta. María de Bestar, hai o santuario da Sta. Lucía, que celebra a súa festividade o 13 do Nadal. Os devotos acoden por doenzas da vista. Poñen a santa, e ofrecen esmola en metálico, misas...

5.- CONCELLO DE GUITIRIZ

A.- O santuario do S. Alberte
1.- Parroquia.- S. Breixo de Parga.
2.- Festividade.- O terceiro domingo de maio.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal. A este santuario traen aqueles nenos que teñen problemas coa fala -tatexos-.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Alberto bendito che quite a enfermedade e che dea a sanidade, polo poder que Dios ten. Amén" 4.4.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.5.- Ritual da Fonte.- Bastantes devotos, incluídos cativos, beben a auga da fonte e lévana para as súas casas. Algúns tamén lavan aquelas partes doentes dos seus corpos cunha finalidade curativa. 4.6.- A procesión, na que saen as imaxes da Virxe da Divina Pastora e o S. Alberte, percorre o perímetro do santuario. 4.7.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas e algo de ofrenda en especie que logo se poxa; tamén adoitan levar ex-votos de cera que representan ó corpo humano e algunhas das súas partes: mans, pernas, cabezas, peitos..., así como ó gando cabalar, porcino e vacún (22).

B.- O santuario do S. Benito
1.- Parroquia.- Ferreira. S. Pedro de Pígara.
2.- Festividade.- O 27 de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo animal e humano -eccemas, verrugas-.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.-
"Por tu corazón bendito, santo del rostro moreno, de todo infernal veneno, líbranos Sto. Bendito". 4.2.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.3.- Ritual da circunvalación. 4.4.- A procesión, na que saen as imaxes da Virxe e o S. Benito, percorre o perímetro do santuario. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, candeas e algúns ex-votos de cera, que simbolizan partes do corpo humano e ó gando porcino e vacún (23).

C.- O santuario da Virxe dos Desamparados
1.- Parroquia.- S. Vicenzo dos Vilares.
2.- Festividade.- O domingo e luns de Pascua.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano. Algo por doenzas de animais. Polos que van facer o servicio militar. Polos acabados de nacer e os que van nacer.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "Que la Virgen de los Desamparados te preserve de todos los males y te proteja en la vida y en la muerte, por Cristo Ntro. Señor. Amén". 4.3.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.4.- A procesión sae fora do adro e da a volta a un calvario, que se encontra nunha praza preto do santuario. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, candeas normais e da súa mesma altura, algúns ramos de flores, algunha ofrenda en especie: queixos, cereais, productos relacionados co cocho; tamén ex-votos de cera, que representan o corpo humano e algunhas das súas partes (24).

4.- CONCELLO DE A PASTORIZA

A.- O santuario do S. Xulián
1.- Parroquia.- S. Pedro Fiz de Baltar.
2.- Festividade.- Catorce semanas despois do martes de carnaval. A festividade sempre coincide en marte.
3.- Peticións.- Doenzas humanas relacionadas coa cabeza, vista, espalda, pel... Algo por doenzas de animais.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual del poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Xulián che quite a enfermedad e che dea a sanidad, polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén". 4.3.- Ritual da circunvalación. 4.4.- Algúns devotos pasan baixo o altar, encollidos ou de xeonllos, para curar a dor de espalda. 4.5.- Ritual da fonte.- Bastantes devotos beben a auga da fonte e lavan as doenzas dos seus corpos cuns panos mollados en dita auga. 4.6.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.7.- Os devotos ofrecen misas, que o crego do santuario oficia no transcurso do ano, esmola en metálico e candeas normais, que permanecen acesas no interior do recinto sagrado. 4.8.- Algo de ex-votos de cera, representando a partes do corpo humano (25).

B.- O santuario da Santísima Trinidad
1.- Parroquia.- Sta. María de Vián.
2.- Festividade.- O segundo domingo de xuño.
3.- Peticións.- Doenzas humanas. Calquera problema que perturbe o espírito da persoa.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración dalgunhas misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "Sta. Trinidad che quite a enfermedad e che dea a sanidad polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén". 4.4.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.5.- A procesión, na que saen as imaxes da Sta. Trinidad, da Virxe da Inmaculada, da Virxe da O e o S. José, percorre o perímetro do santuario. Baixo as andas dalgunhas destas imaxes van devotos ofrecidos. 4.6.- Os devotos ofrecen cirios pequenos, esmola en metálico... (26).

C.- O santuario do S. Adrián
1.- Parroquia.- Fitoiro. Sta. María de Bretoña.
2.- Festividade.- O terceiro domingo de xuño.
3.- Peticións.- Doenzas humanas - accidentes, vultos, tumores-. Algo por doenzas de animais.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Adrián bendito che quite a enfermedad e che dea a sanidad, polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén". 4.2.- Ritual do coitelo do S. Adrián. 4.3.- A procesión, na que saen as imaxes do S. Adrián, do S. Estevo e a Virxe do Carme, percorre o perímetro do santuario. 4.4.- Os devotos ofrecen misas, candeas normais, cirios pequenos, esmola en metálico... (27).

D.- O santuario do S. Cosme
1.- Parroquia.- Castiñeira. Sta. María de Bretoña.
2.- Festividade.- O 27 de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas humanas e de animais.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.4.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Cosme bendito che quite a enfermedad e che dea a sanidad, polo poder que Dios ten e da Virxen María. Amén". 4.5.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.6.- Os devotos ofrecen esmola en metálico e misas; tamén ex-votos de cera: candeas e corpos humanos e de animais (28).

6.- CONCELLO DE VILALBA

A.- O santuario do S. Roque
1.- Parroquia.- Sta. María de Carballido.
2.- Festividade.- O derradeiro sábado e domingo de xullo. Antes celebrábase en setembro.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Roque bendito che quite a enfermedad e che dea a sanidad, polo poder que Dios ten. Amén". 4.3.- Ritual da circunvalación. 4.4.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.5.- A procesión percorre o perímetro do santuario. 4.6.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, candeas normais; tamén algo de ofrenda en especie:trigo, productos do cocho, que ó rematar os oficios relixiosos "poxase" (29).

B.- O santuario do S. Isidro
1.- Parroquia.- S. Simón da Costa.
2.- Festividade.- O sábado e domingo máis próximo ó 15 de maio.
3.- Peticións.- Doenzas de animais.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual da circunvalación. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Isidro labrador bendito che quite a enfermedad e che dea a sanidade, polo poder que Dios ten e a Virxen María. Amén". 4.3.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.4.- A procesión, na que saen as imaxes do S. Isidro, a Virxe da Cabeza e a muller do S. Isidro, percorre o perímetro do santuario. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, candeas normais; hai anos levaban tamén figuras de cera de animais e productos en especie (30).

C.- O santuario do S. Adrián
1.- Parroquia.- Barrio do Terrío. Santiago de Goiriz.
2.- Festividade.- O sábado e o domingo seguintes a festividade da Ascensión. Hai anos celebrábase o mércores antes da Ascensión.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de misas. 4.2.- Ritual da circunvalación. 4.3.- Ritual do coitelo do S. Adrián. 4.4.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "S. Adrián bendito che quite a enfermedad e che dea a sanidade, polo poder que Dios ten e a Virxe María. Amén" 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, candeas e velóns; tamén ex-votos de cera, que representan a unha serie de animais:eguas, cabalos, vacas e cochos, así como o corpo humano e algunhas das súas partes:pernas, brazos, mans... 4.6.- Algúns devotos seguen traendo ofrenda en especie:queixos e productos ligados co cocho, que ó rematar os oficios relixiosos son poxados por un fregués da parroquia (31).

D.- O santuario da Virxe dos Remedios
1.- Parroquia.- Picouzo. San Salvador de Ladra.
2.- Festividade.- O segundo sábado e domingo do mes de outono.
3.- Peticións.- Doenzas humanas e problemas de tipo xeral.
4.- Promesas.- 4.1.- Celebración de varias misas.4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "A Virxe dos Remedios che saque a enfermedad e che dea a sanidad polo poder que ten. Amén".4.3.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.4.- A procesión, na que saen as dúas imaxes da Virxe dos Remedios, percorre o perímetro do santuario.4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, e candeas de tódolos tamaños (32).

E.- O santuario da Virxe do Socorro
1.- Parroquia.- A capela da Virxe do Socorro pertence a Oleiros, Sta. Eulalia de Rioaveso e S. Xurxo de Rioaveso .
2.- Festividade.- O sábado e domingo posterior ó 21 de maio.
3.- Peticións.- Doenzas humanas.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.
"A Virxe do Socorro che dea a sanidad e che quite a enfermedad, polo poder que Dios ten e a Virxe María. Amén". 4.2.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.3.- Ritual da procesion ó redor do santuario 4.4.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, misas, que o crego oficia na capela no transcurso do ano (33).

F.- O santuario da Virxe de Guadalupe
1.- Parroquia.- Santiago de Sancobade.
2.- Festividade.- O segundo sábado e domingo de setembro.
3.- Peticións.- Doenzas humanas e problemas de índole xeral.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "A Virxe de Guadalupe che quite a enfermedad e che dea a sanidad polo poder que ten. Amén". 4.2.- A procesión da a volta a un cruceiro, situado preto da capela. Antano "o ramo de roscas" que saía na procesión levábano varios fregueses. 4.3.- Os devotos ofrecen esmola en metálico e misas; antano ofrecíanlle unha bolsiña de trigo (34).

G.- O santuario do S. Estevo
1.- Parroquia.- Balsa Pequena. S. Mamede de Vilapedre.
2.- Festividade.- O segundo domingo de Outono.
3.- Peticións.- Doenzas de tipo humano e animal.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual da circunvalación. 4.2.- Ritual de poñe-lo santo. Xaculatoria.- "Cristo vive, Cristo reine, quen che deu a enfermedad, que che dea a sanidad, polo poder que Dios ten e o Santo bendito. Amén". 4.3.- A procesión, na que saen as imaxes do S. Estevo e a Virxe María, percorre o perímetro do santuario. 4.4.- Os devotos ofrecen esmola en metálico, candeas, figuras de cera de animais e persoas, ofrenda en especie, a base de queixos e productos do cocho, que se poxa o rematar os oficios relixiosos (35).

7.- CONCELLO DE XERMADE

A.- O santuario da Sta. Mariña
1.- Parroquia.- Sta. María de Cabreiros.
2.- Festividade.- O segundo sábado e domingo de xullo.
3.- Peticións.- Doenzas humanas e problemas de índole xera.
4.- Promesas.- 4.1.- A procesión da a volta ó redor do santuario. 4.2.- Os devotos ofrecen esmola en metálico e misas. 4.3.- Hai bastantes anos había un ritual ligado coa fonte da Santa.- Os devotos bebían a súa auga e levábana en botellas para as súas casas.

B.- O santuario da Virxe dos Remedios
1.- Parroquia.- Sta. Olalla de Burgás.
2.- Festividade.- O 24 de maio.
3.- Peticións.- Doenzas humanas.
4.- Promesas.- 4.1.- Ritual de poñe-lo santo. 4.2.- Ritual da procesión. 4.3.- Ritual de contacto coa imaxe estática. 4.4.- Ritual da procesión ó redor do recinto sagrado. 4.5.- Os devotos ofrecen esmola en metálico,misas...

A modo de resumo teño que dicir que no inventario realizado sobre unha gran parte dos santuarios chairegos distingo 33 santuarios, distribuídos por concellos do seguinte xeito:
1º.- Abadín: 3.
2º.- Begonte: 7 e 3 (con pouca afluencia de devotos)
3º.- Castro de Rei
4º.- Cospeito: 4.
5º.- Guitiriz: 3.
6º.- A Pastoriza: 4.
7º.- Vilalba: 7.
8º.- Xermade: 2.

Os concellos de Meira, Outeiro de Rei e Pol non os mencionamos debido a que non pertencen a diócese de Mondoñedo-El Ferrol. Sen embargo, podemos facer mención de que en Outeiro de Rei hai dous santuarios: o do Eccehomo e a Virxe das Dores, situados nas parroquias de Arcos e Robra, respectivamente (36). Con respecto a Pol distinguirmos o S. Cosme en Gondel, a Nosa Señora das Angustias en Pol, a das Neves en Suegos e o S. Ramón de Penamazada en Valonga (37).
Os días da festividade nos santuarios chairegos queda reflectido por meses da seguinte maneira:
1º.- Abril: 1
2º.- Maio: 9
3º.- Xuño: 6
4º.- Xullo: 2
5º.- Agosto: 1
6º.- Setembro: 9
7º.- Outono: 2
8º.- Nadal: 3

Polo tanto a festividade en trinta santuarios da Terra Chá céntrase no ciclo do verán, mentres que en tres, que corresponden a santuarios dedicados a Sta. Lucía, celébrana no mes do Nadal. Estes datos son bastante coincidentes cos doutras comunidades galegas. Así podémolo apreciar en Navia de Suarna (Lugo) (38), en Monfero (A Coruña) (39) etc…
En tódolos santuarios chairegos comprobamos que hai as seguintes promesas: 1ª Unha misa solemne oficiada por varios cregos de freguesías limítrofes ó recinto sagrado. 2ª O ritual de poñe-lo santo. 3ª A procesión que case sempre percorre o perímetro do santuario. 4ª A ofrenda da esmola en metálico e as misas.
Nun bo número deles distinguimos a celebración de varias misas, o ritual da circunvalación, o ritual de contacto coa imaxe estática, e a ofrenda de candeas normais e cirios pequenos.
O ritual do coitelo do S. Adrián empregase nos santuarios que hai dedicados a este santo nas parroquias de Pacios(Begonte), Bretoña (A Pastoriza) e Goiriz (Vilalba).
O ritual da fonte úsase aínda nos santuarios do S. Vitorio de Damil (Begonte), do S. Benito de Valdomar (Begonte),
do S. Alberte de S. Breixo (Guitiriz), do S. Xulián de Baltar (A Pastoriza). Á fonte da Virtude, ligada á capela de Ximarás (Cerdeiras-Begonte), acoden devotos todo o ano a lavarse doenzas relacionadas coa pel -eccemas, dermatites etc…-. Os veciños do lugar do S. Adrián de Goiriz (Vilalba) tentan recuperar o ritual da fonte para as próximas festividades.
A ofrenda de ex-votos de cera, que representan corpos humanos, total e parcialmente, así como corpos de animais, lévase a cabo, entre outros, nos santuarios do S. Cosme de Galgao (Abadín) e de Bretoña (A Pastoriza); nos santuarios da Virxe dos Milagres de Saavedra (Begonte), do S. Benito de Palermo de Valdomar (Begonte), do S. Alberte de S. Breixo (Guitiriz), da Virxe dos Desamparados dos Vilares (Guitiriz), do S. Benito de Pígara (Guitiriz), do S. Adrián de Goiriz (Vilalba), do S. Estevo de Vilapedre (Vilalba)..
A ofrenda en especie séguese traendo, aínda que en pouca cantidade, nos santuarios do S. Antonio de Labrada (Abadín), do S. Alberte de S.Breixo (Guitiriz), da Virxe dos Desamparados dos Vilares (Guitiriz), do S. Roque de Carballido (Vilalba), do S. Adrián de Goiriz (Vilalba), do S. Estevo de Vilapedre (Vilalba)...
Finalmente quero manifestar que os continuos cambios e transformacións que se vaian levando a cabo no futuro poden facer posible que determinadas manifestacións da relixiosidade popular sufran cambios formais, mais estas novas expresións seguirán máis ligadas os niveis da relixiosidade popular que ós da relixiosidade oficial.

NOTAS
13.- BLANCO PRADO, José Manuel.: "El Santuario de S. Cosme de Galgao (Abadín)", en Lucus, Boletín Informativo de la Diputación de Lugo, n º 40, 1991, páxs. 22-25.
14.- Informes de D. Jesús Requeijo Prieto, de Labrada. Ano 1999.
15.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad Popular en el Municipio de Begonte, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1992, páxs. 72-79.
16.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit, 1992, páxs. 79-83.
17.- BLANCO PRADO, José Manuel/ RDGUEZ. SÁNCHEZ, Manuel.: Begonte. Pasado y Presente, Ed. Alvarellos, 1987, páxs. 124-132.
18.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit, 1992, páxs. 83-88.
19.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit, páxs. 93-96.
20.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Servicio Publicacións Deputación Provincial de Lugo, 1996.
21.- Informante de Goá (Cospeito).
22.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit, 1992, páxs. 102-107.
23.- BLANCO PRADO, José Manuel/ RDGUEZ. SÁNCHEZ, Manuel.: Ob.cit, 1987.
24.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit, 1996, páxs. 101-104.
25.- Informante de Baltar, Dª María Expósito Gómez. Ano 1999.
26.- Informante: párroco de Vián.
27.- Informante de Fitorio (Bretoña).
28.- Informante de Seselle (Bretoña).
29.- Informante de Carballido.
30.- Informante de S. Simón da Costa, chamado D. José Cuba López. Ano 1999.
31.- BLANCO PRADO, José Manuel.: "O San Adrián de Goiriz", en Diario "El Progreso " de Lugo, Suplemento "Taboa Redonda"(I y II), 27-12-97, y 3-1-98.
32.- Informante de Ladra, chamado D. José Leandro Álvarez. Ano 1999.
33.- Informante de Rioaveso, chamada Dª Dolores Castro Lozano. Ano 1999.
34.- BLANCO PRADO, J.Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Servicio Publicacións Deputación Provincial, Lugo, 1996, p. 190.
35.- Informante da Balsa Pequena (Vilapedre) chamada Dª Mª Jesús Camba Reigosa. 1999.
36.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Ob. cit, 1996, páxs. 125-128, e 183.
37.- RIELO CARBALLO, Isaac.: Cancioneiro da Terra Cha (Pol), Cuadernos del seminario de estudios cerámicos de sargadelos, nº 35, Ed. do Castro, A Coruña, 1980, p. 14.
38.- GZLEZ. REBOREDO, Xosé Manuel.: A Festa de San Xoán, Ir Indo, 1989, Vigo, páx. 20.
GZLEZ. REBOREDO, Xosé Manuel.: Guía de Festas populares de Galicia, Galaxia, Vigo, 1997.
39.- FERNÁNDEZ DE ROTA, José Antonio.: Antropología de un viejo paisaje gallego, Centro de Investigaciones Sociológicas, Siglo XXI, Madrid, 1984, p. 217.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES