Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O focego Xastrico

lunes, 21 de septiembre de 2015
Hai 72 anos (1943) estreábase no Gran Teatro de Lugo a primeira zarzuela galega: “Non chores, Sabeliña”. Os autores de libreto e música foran o escritor e xornalista don Xosé Trapero Pardo e o mestre Gustavo Freire, que da nome a aquel auditorio. Nutrían o elenco artístico os coros “Cantigas e Agarimos” e “Frores e Silveiras”; o éxito fixo que as representacións se sucederan por Galicia adiante .O argumento é sinxelo: unha versión do tema, tan vello e sempre novo, duns quereres de mocidade.

Don Xosé Trapero foi un focego adoptivo: aquí veraneou 67 anos consecutivos (“non faltei - nos dixo nunha ocasión – nen cando estalou a guerra civil”); publicou centos de artigos sobre a vila, os seus engados e atractivos; personaxes populares, a historia entrañable do pobo, que tan ben coñecia; as traxedias do seu mar...Dende hai medio século ten rúa en Foz.

Nun recanto do campo da feira, un grupo de mozas, cada unha diante a súa cesta con ovos, manteiga, galiñas,,etc., para a venta... as rapazas entoan unha cantiga : “Ai, San Antonio / dame un mozo guapo/ da feira de Meira / da feira de Castro...” Entra Xastrico en escena: “¡Tamén tedes bó gusto!¿Por qué ha ser o rapaz de Meira ou de Castro?. Eu non son daí que son de Marzán, xunto de Foz; pero,¡guapo!, á vista está...!”.

Don Xosé introduce na peza, de ambiente campesiño, un elemento próximo ó mar; pero non netamente mariñeiro, evitando o exotismo do personaxe.. Acaso por iso o sitúa en Marzán, pois sempre alí se alternaron os labores do campo e os do mar, o que fixo decir a Manuel María, “…onde as redes mariñeiras a enxugar están/ no medio das medas e os medeiros do pan”.

En maio de 1992 foi reposta “Non chores, Sabeliña” polo Orfeón Lucense, sesión á que asistimos na compaña do autor, Trapero. Ao saírmos da mesma, no Auditorio lugués, preguntamos ó mestre:,¿por qué na obra, que transcorre na chaira luguesa, introduce un elemento ( Xastrico) da beiramar?.Respostounos: ”Dalgún xeito Foz tiña que estar na miña zarzuela... .” Unha mostra mais do agarimo que o ilustre intelectual sentía polo noso pobo, onde era tan querido e admirado.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES