Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asoma a Galicia negra

jueves, 06 de julio de 2006
Hai días especialmente aciagos, nos que parece que todo se concita para conformar un aire ominoso.
Non xa porque se confabulen os elementos nunha traxedia como a acontecida en Valencia hai un cento de horas, senón como o que aconteceu en Galicia nunha ou dúas xornadas vestidas de loito.

A traxedia dunha rapaza de Valdoviño na localidade de Cedeira, ou o asasinato – suponse que por ciumes – dun rapaz en Teis, deixan como en suspenso á vida no noso contorno e fannos pensar na fraxilidade do sistema de convivencia e no trauma do sobresalto que calquera acontecemento nos provoca.

As mortes violentas, por man humana, chaman moito máis ó noso horror que a morte dun operario en Verín, en accidente de traballo, que tamén debera provocar unha reacción colectiva, ou a do excéltico Carlos Pérez, morto nun accidente fortuíto en Nigrán...

Se a esto unimos a repercusión mediática producida polo feito de ser galega a presunta asesina de anciás en Barcelona, ou a reaparición do Grapo en Compostela con dous dos seus membros – polas fotos, uns rapaces- convertidos en delincuentes comúns, a Galicia negra asoma unha vez máis dentro dunha terra que loita por entrar con pé firme na modernidade, no progreso e na cultura.

En tempos, o gris dos nosos invernos, a quietude do noso rural, o incerto do noso futuro colectivo, propiciaban – dicíase- suicidios e asasinatos que facían de Galicia un Fisterra incógnito, escuro e neboento.

Xornadas como as que vimos de vivir parecen resucitar aquelas vellas pantasmas, pero deben reafirmarnos en que o futuro que queremos só é posible con máis convivencia, con máis diálogo, con máis cultura. Que Galicia non é negra. É branca, e máis azul. E esa cor de traxedia, de incultura, de primitivismo, non é nosa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES