Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que pasaría?

jueves, 17 de septiembre de 2015
A vida vai como vai, eso está claro.
O que tamén está claro é que non a todos nos sorrí por igual.
Non ten as mesmas oportunidades unha persoa do primeiro mundo que outra do terceiro ou do cuarto.
Tampouco teñen as mesmas oportunidades tódalas persoas dun mesmo país, nin siquiera as dunha mesma familia.
Tampouco aproveitan por igual tódalas persoas que teñen, en teoría, as mesmas oportunidades.
As diferencias están servidas.

Afortunadamente todos somos diferentes.
Todos temos o noso propio punto de vista.
Todos precisamos ve-las cousas claras cos nosos propios ollos.
Ninguén se desengana en cabeza allea.
Os consellos están moi ben e agradécense, pero cada quén é cadaquén.

Con profundo respeto a tódalas diferencias que poidamos ter, non iría nada mal poñerse de acordo nos valores básicos de convivencia.
Por eso me atrevo a plantexar algunas preguntas, tales como:

1.- ¿QUE PASARÍA SE DESDE PEQUENIÑOS ENSINÁRAMOS Á INFANCIA O RESPETO POLA VIDA E A ALEGRÍA QUE PRODUCE UN NOVO NCEMENTO?
-Habería máis necementos.
-Saberíamos compartir.
-Faríamoslle a guerra ó egoísmo.
-Construiríamos un país máis forte.
-Non seríamos a rexión de Europa máis avellentada.
-Habería menos problemas de conciencia…

2.- ¿QUÉ PASARÍA SE DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA SE EDUCARA PARA PEDI-LAS COUSAS POR FAVOR E PARA DÁ-LAS GRAZAS?
¿Non agradecemos todos que se nos pida algo, por favor?
¿Non nos sentimos mellor cando nos dan as grazas aínda que sexa por algo que fixemos con moito amor e con moito gusto?

3.- ¿QUÉ PASARÍA SE DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA SE EDUCARA PARA COIDAR NO PROPIO FOGAR – SEMPRE QUE NON PRECISARAN ASISTENCIA HOSPITALARIA- ÓS ANCIÁNS?
¿Non duran máis e con mellor calidade de vida as persoas anciás que son coidadas no propio fogar?
-Que non podemos abandoa-lo posto de traballlo.
A veces hai prioridades.
¿Non o abandoamos por criar unha criaturiña?
-Que teñen rarezas…
Pois claro.
A enfermidade e a limitación son algo moi incómodo na vida de calquera persoa.
Non debe ser nada doado adaptarse a unha situación de incomodidade permanente.
Pero, hoxe por min e mañá por ti.
Todos estamos na lista.

4.- ¿QUÉ PASARÍA SE OS PROXENITORES COLABORARAN COA ESCOLA PARA APOIAR O LABOR DO PROFESORADO?
Na miña infancia fun unha nena moi querida e supoño que tamén algo super-protexida porque era moi enfermiza e a única nena na casa.
Pero aínda así lembro perfectamente que cando me mandaban á escola, recordábanme cada día que a mestra era quen mandaba e que había que obedécela por encima de todo.
Para min o profesorado sempre foi sagrado e aínda é hoxe o día que sigo pensando no gran servizo que fai á humanidade.
Tamén me educaron nun gran respeto ó clero e nunca tiven problemas con el. Diferencias, a veces, pero problemas, nunca.
Educáronme nun gran repeto ás persoas maiores, e chegou o día que eu son unha delas e confío ser respetada, aínda que os tempos cambiaran moito.

5.- ¿QUÉ PASARÍA SE DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA EDUCÁRAMOS PARA COIDA-LA CASA DE TODOS: A NATUREZA?
No medio rural os desperdicios son mínimos, porque os animais e a terra aproveitan tódolos productos orgánicos.
Na cidade, o lixo acumulado é inmenso. Sábese ben cando fai folga o persoal de limpeza.
Tanto no medio rural como no urbano, a industria proporciónanos grandes cantidades de productos envasados en latas, en plásticos, en cartón, en cristal, en…
Moitos destes productos non son “dixeridos” pola nai terra e o que fan é emporcallar e contamina-la casa de todos.
¿Costa tanto bota-los desperdicios nos lugares indicados para que os reciclen?
¡Co bonita que é a nai natureza cando está limpa!

6.- ¿QUÉ PASARÍA SE DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA CADA MEMBRO DA FAMILIA TIVERA AS RESPONSABILIDADES PARA AS QUE ESTÁ CAPACITADO?
Moitas veces as amas de casa séntense aplastadas pola desorde que reina no fogar:
¿É tan difícil que cada quen ordene as súas propias cousas?
¿Non teñen capacidade os nenos para garda-los seus xoguetes, libros, calzado e roupa …, onde correponde?
¿Costa tanto recolle-la mesa, pasa-la fregona ou poñe-la lavadora, dobrar a roupa, pasa-la prancha e deixar cada cousa no seu sitio?
E con todo pasa igual…
Coñezo familias que o fan moi ben e –por certo- non se senten frustradas, nin agotadas; todo o contrario, son familias felices.
Nesas familias reina a concordia, a orde, a pulcritude…
Dá gusto tratalas.

7.- ¿QUE PASARÍA SE EDUCÁRAMOS DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA PARA REPETA-LOS BENS ALLEOS?
Cando nos respetan os nosos bens, cando estamos rodeados de perosas honradas, sentimonos moi cómodos e moi tranquilos.
Cando perdemos algo e nolo devolven, sentimos agradecemento e unha gran alegría.
Cando coñecemos alguén que “se gaña a vida” co ben alleo.
¡Que incomodidiade!

8.- ¿QUÉ PASARÍA SE DESDE QUE UNHA CRIATURA TEN USO DE RAZÓN A EDUCÁRAMOS PARA SER LEAL E FIEL?
Seguramente crearía máis e mellore amistades.
Seguramente conservaría as tradicións familiares.
Seguramente sería un membro da familia con tódalas da lei.
Seguramente sería unha cidadá estupenda

9.- ¿QUÉ PASARÍA SE DESDE O PRIMEIRO MOMENTO DÉRAMOS BO EXEMPLO AS PERSOAS MAIORES?
Sen lugar a dúbidas, o noso bo exemplo é o mellor método.
Certo que non somos prefectos.
Certo que todos non témo-los mesmos coñecementos.
Certo que non son iguais os hábitos da cidade que os do campo.
Certo que existen diferenzas entre o norte e o sur, o leste e o poniente.
Certo que na variedade está o gusto.
Pero con todo eso, tamén é ben certo que son máis os lazos que nos unen que as diferenzas que nos separan.

E se o considera oportuno, pode seguir facéndose vostede as súas propias preguntas porque vostede é unha desas persoas exemplares que temos neste país.
Ademais existen outras moitas persoas exemplares como vostede e grazas ó seu bo proceder, o mundo mantense en pé; pero non se pode baixa-la garda, porque nalgúns casos, corre perigo.
Mentres tanto non iría nada mal tomar precaucións.

“TOMAR PRECAUCIÓNS”
Este será o título do vindeiro artigo.
Sei que vostede é una persoa ordenada e respetuosa coa vida, coa nai natureza e tamén cos bens alleos; por eso quero darlle as grazas porque dun xeito ou doutro todos somos usuarios da casa común.
Graciñas tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES