Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Musas (nove) fillas de Zeus e de Mnemosine

jueves, 24 de septiembre de 2015
Dignas autoridades, distinguido público: Coa venia, voume permitir unhas evocacións da época da nosa crianza, da de miña curmá Mercedes, da miña propia e, en xeral, daquela xeración que espertou, que abriu os ollos no baleiro, despois das tebras da nosa Guerra Incivil. Un espertar cultural, e por ende, tamén, do cine.As Musas (nove) fillas de Zeus e de Mnemosine
Naquela orfandade, naquela miseria, tanto material como moral, pero máis moral, aínda máis que material, ¡horror vacui!, Cara ao sol posto, eclipsado, ¡por máis que o invocásemos a miúdo!, tivemos a sorte de que acudiu no noso auxilio todo o Parnaso, tal que fai o sangue coas feridas. Viñeron a nós, en masa, ¡persoa a persoa!, auxiliando, esforzando naqueles rapaciños: Clío, Talía, Erato, Euterpe, Polimnia, Calíope, Terpsícore, Urania e Melpóneme, ¡todo o Estado Maior do Parnaso, que acudiron para restaurar en nós, na Xeración Fénix, as ruínas causadas polo Estado Maior dos Exércitos enfrontados! ¡Grazas, queridas musas, que aquí me axeonllo, neste Olimpo de Lugo, asumindo a representación daqueles beneficiados, e aquí vos ofrezo este loureiro laudatorio, este laurus nobilis, criado neste país tan parnasiano coma o que máis, Roma en medio, concretamente na horta de túa nai, miña tía Ermitas!

As crises, como as guerras, o único que teñen de bo é que espertan dos letargos, fan xurdir das cinsas, ¿non si, miña querida e admirada As Musas (nove) fillas de Zeus e de MnemosineMercedes?, tal que auténticos Fénix, brotes de nova, e máis vigorosa, potencia. ¡Producen espertares espléndidos, cos ollos ben abertos, cadora máis grandes, dispostos a ollar, a fabricar novas visións, porvires revisados, amplos horizontes.

No trinta e nove, daquela que don Hermenexildo firmou en Burgos o seu “...cautivo y desarmado el Ejército Rojo...”, ti con once anos, eu con nove, e o que sería pai da túa filla camiño do exilio, os tres comezamos outra guerra, outra batalla: A de asumir un futuro escuro, penoso, pero alentador porque levábamos dentro o xerme do Fénix, ese alzarnos das cinsas, para recrea-lo mundo, para construír outro máis perfecto, máis equilibrado, e incluso máis ameno, que na túa persoa, miña querida Mercedes, con catro compañeiros daquel Instituto e daquela Facultade de Dereito, da man de Talía, avizorastes o Centro de Estudios Dramáticos desde o que dariades fondo e forma á sétima arte, da que tan precisada estaba España, para que realmente volvese a rir a Primavera, que, por suposto, non chegaba con poñerse Cara ao Sol.

Con estas verbas que tomo en préstamo de Luís Vaz de Camöens, dígovos, exáltovos, Xeración Fénix das Artes e das Letras Hispanas, contemporáneos ilustres de Mercedes Cora: “Alta xeraçao, ínclitos infantes”, hurra, loor e gloria per saecula saeculorum! Amén.
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES