Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Este xoves, lotería de emisoras

martes, 04 de julio de 2006
Houbo un lento e longo tempo no que os medios de comunicación foron poucos e inamovibles. Por cada cidade das capitais de Galicia, un xornal (Dous, no caso da Coruña e Vigo), e un par de emisoras de radio.

Podería resumirse que ese tempo durou corenta anos e algo máis. Porque o impulso dos novos medios de comunicación chegou coa democracia, pero algo despois.

As emisoras de radio foron nacendo, primeiro como adxudicacións a escala nacional, feitas desde Madrid. Logo, desde Santiago. Todas con impulso político, de xeito que a adxudicación se efectuou con criterios profesionais ou empresariais, matizados por outros condicionamentos que a ninguén se lle ocultan.

Se as adxudicacións “madrileñas” eran interesadas, máis o son desde Santiago, onde todo queda máis de perto e as influencias fanse notar máis directamente.

O Psoe no goberno adxudicou en Galicia emisoras de radio naquel tempo do Tripartito. E logo viñeron outras. Todas para falar en galego e para espallar a cultura de Galicia. Todas, ou case todas, incumprindo as previsións.

Este xoves, de novo, cae o gordo. Como se dun sorteo de lotería se tratase, este xoves a Xunta vai adxudicar televisións dixitais, emisoras de radio autonómicas, emisoras de radio locais... A quen a Xunta llas dea, o público lle las bendiga.

Grazas a Deus que estas adxudicacións sempre se efectúan con criterios empresariais e profesionais. De acordo con este criterio, o ABC pode ter – poñamos por caso- unha emisora na Fonsagrada, e unha asociación de profesionais da comunicación outra que nunca funcionou porque está alugada a unha empresa privada.

Coma o cupón da Once, este xoves, adxudicacións. O anterior Conselleiro de Cultura non chamaba a enganos: Temos tantos compromisos cos grupos de comunicación que case non nos queda capacidade de manobra.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES