Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En vida, irmán, en vida

jueves, 10 de septiembre de 2015
Non sei se a vostede lle ten pasado algunha vez o que me pasa a min con certa frecuencia:
“TEÑO SOÑOS DE GRATÍSIMAS EXPERIENCIAS VIVIDAS COS MEUS ASCENDENTES”
Revivo aquelas experiencias e cando están no seu punto culminante:
¡Zas!
¡Acábase o soño!

Desperto e sitúome no momento e no lugar presente.
Fago unha pequena oración de agradecemento e quedo tranquila.
Penso que é o que toca nese momento.
Todo foi un soño baseado nunha realidade vivida en tempos pasados.

A veces penso se será o froito dunha semente que outros prantaron no meu corazón.
¿Podería ser?
¿A vostede que lle parece?

A min paréceme que para ben ou para mal o que se deixa feito en vida, feito queda.
Cando pasamos á outra vida, este capítulo queda pechado.
Non hai lugar a rectificación.
Non hai volta atrás.
Resulta moi gratificante e tamén edificante, gardar bos recordos dos que nos precederon.
E non é menos importante facer todo o posible por deixar gratos recordos ós que nos sucedan no camiño da vida.

Por esta razón debemos facer todo o posible para que a nosa vida sexa o máis agradable posible para cantos nos rodean.

-¿Cómo será posible se somos imperfectos?-pensará vostede con toda a razón do mundo.
-Que non somos perfectos, xa o sabemos, pero cando actuamos con boa intención, percíbese perfectamente e unha boa dose de perdón, pon a solución ás nosas imperfeccións.

Na vida, atopámonos con moi boas persoas; pero os medios de comunicación de masas, dinnos que tamén hai:
-Moitas persoas que están mal, e por eso actúan como actúan en certas ocasións e saltan en primeira plana.

-Moitas persoas que andan erradas por non teren asimilada unha boa educación.

-Moitas persoas que andan desorientadas porque carecen de medios para que alguén as oriente. Ou a veces non ven claro o camiño que outras lles marcan.

-Moitas persoas que non lle encontraron sentido á vida. Pasan os días, pasan os anos e aínda non atoparon o por que e o para que da súa existencia.

-Moitas persoas que están amargadas porque non ven recompensados os seus esforzos.

-Moitas persoas que cometen atrocidades…
Atrocidades incribles…
¿Qué se lles pasará polas súas cabeciñas?

-Moitas persoas en situacións infrahumanas vense obrigadas a facer o que sexa con tal de saír desa situación e –non poucas veces- métense noutra aínda peor…
¡Canta dor!
¡Canto sufrimento!
¡Canta inxusticia!
¿Por qué será?

¿Por qué será, se no mundo hai sitio para todos…?
¿Cómo se lle podería poñer remedio?
Debe ser algo moi complexo.
Pero debemos intentalo.

O que non podemos facer é tira-la toalla.
Perde-la esperanza, ¡eso nunca!

O ser humano ten unha capacidade increíblemente poderosa. Sábese cando nos vemos nalgunha situación apurada.

Se nolo propoñemos, cada día seremos máis o que nos concienciemos que nesta vida é o momento de poñer a proba a nosa valía como seres racionais que somos.

Nesta vida é o momento de actuar con nobreza, lealdade e fidelidade ós nosos principios morais, éticos ou relixiosos que todos levamos grabados no noso corazón.

A lealdade e a fidelidade ós nosos principios nacen e medran no interior do ser humano cando lles facemos sitio no noso corazón.
Non se compran en ningún hipermercado.
Non hai cartos que as paguen.
¿Certo?

Por eso nos atopamos con persoas nobres, leais e fieis, en calquera lugar e a calquera hora.
Unhas son pderosas, outras humildes; unas son do norte, outras do sur; outras de levante e outras de poniente.
Son persoas que están dispostas a colaborar.
Vostede é unha delas. Ben o sabe.
Vostede coñece outras moitas e eu tamén.

Po eso eu fago esta pregunta:
¿QUE PASARÍA…?
Este será o título do vindeiro artigo.

Quédolle moi agradecida por ter tanta paciencia como se precisa para poder compartir con vostede o que se me pasa pola mente neste momento.

Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES