Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiñantes por ti

miércoles, 09 de septiembre de 2015
Déixome levar por este son
que me abraia na Irmandade
para beber saiba de pobo
en cada verso teu
que me lanza ás apertas
deste setembro.

Non é un setembro calquera
é o preludio do teu ano,
do recoñecemento dunha vida
dada enteira ao pobo.
Por fin é tempo de que os teus versos
camiñen por Galicia adiante,
deixando de ser papel
para ser o que sempre foron:

Terra, herba, muíño, monte,
historia, pedagoxía
e un infindo que se chama
Galicia.

Galicia, andando en ti,
ti, andando con nós
e os teus versos
nomeando o que somos
como unha emoción
que percorre palmo a palmo
a nosa identidade.

(Leído polo autor no cemiterio de Outeiro de Rei o 8-8-15, na homenaxe a Manuel María, no seu cabodano).
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES