Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: lembrando a Villarabid

martes, 01 de septiembre de 2015
Coñecimos a Víctor L. Villarabid a principios dos sesenta; ambos comezábamos as andainas en El Progreso. De contado fixèmonos amigos: amais de colegas (libreiros e impresores), eran moitas as afinidades: afeccións, ilusións, proxectos e amizades.

Compartimos tarefas directivas na Federación de Libreiros de Galicia: cando ésta diu luz verde á Feira do Libro de Foz, él era o seu vice-presidente, o que fixo que en cada edición a visitase, e durante anos a súa librería sarriana presentou “stand” na mesma. Impelidos por idénticas inquedanzas, foron moitas niciativas nas que ambos participamos, sempre en actividades gremiais de orde profesional, cultural, social ou lúdico.

En maio de 1987 Canco, o segundo dos seus sete fillos, estudante no Conservatorio de Madrid, ofreceo un recital de piano no Clube Náutico de Foz, do que este cronista era Presidente. O prestixioso musicólogo: compositor, intérprete e director de orquestra e coros de música selecta, estivo varias veces na basílica de San Martiño, traído pola programación “Artes no Camiño” do Xacobeo, dirixindo o grupo “Ars Combinatoria”: as súas actuacións foron outros tantos éxitos.

Villarabid era un fondo coñecedor da provincia, que percorría a cotío. Experto na temática xacobea deixou varios libros publicados. De un deles, “El Camino de Santiago en Galicia”, fixemos en Foz a presentación de obra e do autor. Ao pouco, en Sarria, da man de Víctor, presentouse o noso “Foz: o mar e as xentes”.

A última visita á Mariña foi na primavera de 2007, coa cámara ó lombo, para captar imaxes e participar no concurso fotográfico “A Ruta Pardo de Cela no Camiño Norte” que organizara “ O Mundo de Galea”. Compartimos mesa e manteis en fogar amigo e quedamos emplazados para próxima xuntanza que sería na súa casa sarriana. De súpeto destapouse a enfermidade irreversible e a cita quedou aplazada “sine díe” .. Non tardamos en voltar a Sarria, pero esta vez co ánimo tristeiro e o corazón magoado: era o definitivo adeus a quen ó longo de medio século fora un amigo entrañable.

O vindeiro día 19 será obxeto de homenaxe da Asociación de Periodistas de Camiño de Santiago. Alí estará o noso espírito!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES